Skip to Content

Programa DAFIS

FOMENTO DA PARTICIPACIÓN ACTIVA

03/10/2021 19:04

CELEBRACIÓN DO DÍA DE EUROPA E INAUGURACIÓN DE RADIO AGUIA

 

          Participamos activamente na celebración destes eventos en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia e co Equipo Directivo do Centro. Resultou moi vistoso o desfile a patíns das bandeiras de todos os estados membros da Unión Europea e tamén moi emotiva a coreografía multitudinaria da canción Jerusalema…, e ademáis, pasámolo “pipa”! .

PROMOCIÓN CONSUMO DE FROITA

03/10/2021 19:00

 

SEMANA DAS FROITAS FRESCAS:

 

 

 

          ¿Cómo adaptar as normas sanitarias actuais a esta actividade?…demos un paso máis e organizámonos para repartir a froita en racións individuais para degustalas tranquilamente durante os recreos na nosa Sala de Usos Múltiples. ¿Conseguiremos gañarlle terreo ás “chuches”?

 

 

 

MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN

03/10/2021 18:58

HÁBITOS SAUDABLES:

          Pola súa banda, a profesora Berta de Hábitos Saudables, traballou distintos aspectos relacionados coa adquisición de hábitos saudables. Como mostra, este mural elaborado polo alumnado de 2º de ESO no que representaron a pirámide de alimentos e a sua relación coa inxesta cotiá de alimentos.

DAFIS

03/10/2021 18:50

 

PROBAS DAFIS DE VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA:

 

 

 

                  De novo insistimos na valoración da nosa condición física. Esperamos ter resultados non demasiado baixos dada a situación que estamos a vivir. Por esta mesma cuestión houbo probas que non era recomendable realizar como o test de Course Navette e a proba de forza na Barra.

 

            Os resultados numéricos foron introducidos na platafoma dixital Dafis grazas á colaboración da profesora Gema de Informática; Con axuda da nosa profesora de Bioloxía Fabiola, tivemos comprendido os resultados obtidos e os efectos da pandemia sobre a nosa saúde.

                   Coa coordinación da profesora Silvia de Oratoria, fixemos debates e exposicións orais sobre distintos aspectos da situación excepcional que estamos a vivir. Ademáis de coller desenvoltura na oratoria individual, axudounos a sobrelevar mellor as medidas sanitarias implantadas. 

 

XOGOS POPULARES

03/10/2021 18:47

PROMOCIÓN DE XOGOS POPULARES:

          Ao longo deste curso construimos unha pista de xogos de lanzamento como “A Petanca” e “A Chave”. Xa foi estreada e moi utilizada, pero, sempre cumprindo as normas de seguridade!...

OCUPACIÓN ACTIVA DO TEMPO DE LECER

03/10/2021 18:42

SENDEIRISMO:

          Desde hai un par de anos vimos de construir un sendeiro no interior do recinto escolar. Ao longo deste curso foi un recurso moi utilizado habitualmente nos tempos de lecer. Si non podemos movernos dun xeito, facémolo doutro!...

                      

Distribuir contido


by Dr. Radut