Skip to Content

Programa DAFIS

XOGAMOS CON PIN E PON

14/07/2020 23:43

TORNEO DE TENIS DE MESA:

Ao longo do mes de outubro e novembro celebramos un torneo deste deporte. O alumno Israel colaboro na súa organización facilitando o desenvolvemento dos partidos. Pasámolo ben!, pero tamén nos gusta inventar novas versións deste deporte como a Modalidade de Parellas Cun Adiantado na Rede!...

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

14/07/2020 23:28

CAMPO A TRAVÉS EN CEE:(5 de decembro)

         A competición era unha excusa. Verdareiramente participamos por superarnos a nós mesmos, e…conseguímolo!. Estas son as caras de satisfación e ledicia que nos quedou. Hai que repetilo!

ANDAINA

14/07/2020 23:16

 

XORNADA DE CONVIVENCIA: (25 de outubro)

 

 

 

Normalmente, desenvolvemos esta actividade para promover actitudes de boa convivencia entre os membros do noso Centro; sempre resulta un día diferente no que camiñamos, falamos, rimos, comemos….pero desta volta, foi especial; a praia de Camelle foi o destino final da nosa andaina, lugar onde coincidimos có resto de alumnado dos Centros Escolares do Concello, tanto de Primaria como de Secundaria. Convocados  polo Concello e pola “Asociación Mar de Fábula”, realizamos todos xuntos, un acto de chamamento contra o cambio climático e a contaminación dos mares.

 

VISITA DO CLUBE BALONMÁN CAMARIÑAS:(do 21 ao 24 de outubro)

13/07/2020 10:00

VIAXE A ALLARIZ

05/07/2019 11:59

ROTEIRO DE SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS

Despois de pernoctar na vila ourensá de Allariz, desprazámonos ata a aldea de Santa Mariña de Augas Santas onde nos recibiu unha guía que nos deu a coñecer os principais detalles do seu conxunto histórico-artístico. Comprobamos como están a recuperar esta aldea de arquitectura típica galega, coñecimos a súa fermosa igrexa e a famosa lenda de Santa Mariña; camiñamos pola pola calzada romana visitando varios lugares de interese: nas excavacións arqueolóxicas do castro de armeá din que se asentaba a segunda cidade máis grade de toda Galicia da época romana; coñecimos o “forno da santa”, unhas termas castresas reconstruídas posteriormente polos romanos, situadas nunha cripta baixo os restos dunha basílica templaria. Continuamos visitando os restos arqueolóxicos do Monte do señoriño; unha especie de “estación de peaxe” á veira da antiga calzada. Impresionante!

Grazas a esta visita compredimos que hai unha inmensa riqueza arqueolóxica, histórica e cultural dos nosos ancestros por descubrir e coñecer. Axúdanos a ser conscientes do que temos debaixo dos nosos pés e a valorar o que temos.

 

 

 

 

XORNADAS DE INTERCAMBIO

05/07/2019 11:53

INTERCAMBIO CO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA DE LALÍN

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro, en varias ocasións leva organizado xornadas de intercambio intercentros de toda Galicia. Estas xornadas teñen a intención, entre outras, de coñecer as distintas falas e variacións dialectais da nosa Comunidade. Desta volta, fixemos o intercambio con este centro de Lalín e o Departamento de Educación Física colaborou no desenvolvemento destas dúas xornadas de convivencia organizando diversas actividades físicas e lúdicas destacando a andaina polo “sendeiro do Deza” entre as Fervenzas do Toxa e o Mosteiro de Carboeiro (comarca de Lalín) e a andaina polas inmediacións do cabo Vilán (comarca de Camariñas).

Estas xornadas foron desenvolvidas o día 2 de maío en Lalín e o día 16 do mesmo mes en Camariñas. Como se ve nas fotos, fixeron boas migas!.

Distribuir contido


by Dr. Radut