Skip to Content

Programa DAFIS

CARREIRAS DE CAMPO A TRAVÉS

30/06/2023 19:19

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS.-“XOGADE” (Campionato comarcal):

          Todo o alumnado de 1º e de 2º de ESO asistiu a este evento deportivo celebrado o dia 10 de xaneiro, nas inmediacións das instalacións do Estadio de Fútbol Sampaio de Refoxos, na localidade de Cee. Gozamos de ver en movemento a alumnado de todas as idades de toda a comarca.

                                     

O importante é participar, pero si gañas, mellor aínda!… Os equipos infantil e cadete masculinos do noso centro, clasificáronse para a fase intercomarcal. Parabens!.

 

                                                    

APRENDEMOS A COMER

30/06/2023 14:21

ALMORZOS SAUDABLES:

          A profesora de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO, foi quen de desenvolver un taller de almorzos saudables ao longo de todo o curso. Conseguiu organizar aos dous grupos deste curso para ofrecer paulatinamente ao longo de todo o ano escolar, un almorzo saudable a cada un dos grupos-aula do resto do centro. Ao mesmo tempo impartiron aos comensais, recomendacións básicas para a súa confección.

       

COIDA DOS TEUS ALIMENTOS

30/06/2023 14:07

   CULTIVO ECOLÓXICO:

 

          Unha das múltiples actividades desenvolvidas na materia de Hábitos Saudables foi a divulgación da práctica de cultivos ecolóxicos na instalación do invernadoiro do noso Centro. Plantamos, coidamos e recolectamos, toda unha experiencia!...

 

                               

SENDEIRISMO

30/06/2023 12:37

 

ANDAINA DE CONVIVENCIA:

 

 

Unha vez máis, todo o alumnado e profesorado deste centro, puidemos gozar desta andaina compartindo vivencias nun entorno diferente ao habitual. Desta volta, seguimos un pequeño tramo da coñecida “Rota dos Faros”, comezando o percorrido ao pé do Faro de Cabo Vilano e concluindo no mesmo porto de Camariñas. Compartimos espectaculares vistas do litoral da Costa da Morte, da praia de Lago e da Capela da Virxe do Monte, onde gozamos dun xantar todos xuntos.

 

                                                                                                                      

                                                      

ACTIVÁMONOS

21/06/2023 10:13

          Iniciamos a nosa andaina neste curso dando continuidade ao noso proxecto “Actívate! ”, alimentando a creatividade para engadir propostas de novas actividades. Algunhas das que mencionamos a continuación son tradicionais entre nos, outras serán resultado das novas aportacións do profesorado colaborador neste proxecto.

INICIO DUN NOVO CURSO

21/06/2023 09:29

CURSO 2022-23

          Damos comezo a este novo curso con ánimos renovados. Seguimos en marcha, seguimos en movemento para ACTIVARNOS, organizando esta nova quenda de actividades que amosamos a continuación.

Distribuir contido


by Dr. Radut