Skip to Content

Programa DAFIS

Como estás de activado?

Como punto de partida, pensamos que sería interesante coñecer algo máis sobre ti e os teus hábitos e costumes como: o teu grao de participación en actividades físicas, a calidade do teu sono e algú que outro hábito alimentario. Foi entón, cando decidimos deseñar unha enquisa e pasarlla a todos os teus compañeiros do instituto. Os resultados foron sorprendentes. Apetéceche coñecelos? Velaquí están:

  • O 25% do alumnado que pasou a enquisa NON ten costume de almorzar.

  • Ata un 44% non durme as horas diarias estipuladas como necesarias.

  • O 66% durme acompañado do seu teléfono móbil.

  • Unicamente o 11% non durme acompañado de ningún aparello tecnolóxico.

 

Conclusións da enquisa:

Resultáronche sorprendentes estes resultados, verdade?...

Nós quedámonos cun dato: ata o 81% do alumnado valora positivamente estar en forma. É un bo comezo, non cres?.... Pero, estamos realmente en forma?... Nada mellor para sabelo que someterse a unhas probas, o test de valoración da condición física. Farémolo nas clases de Educación Física ao longo deste curso e utilizaremos a batería de probas de DAFIS.

Máis adiante informarémosche dos resultados destas probas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut