Skip to Content

Pendentes

Avaliación de pendentes 2019/20

O alumnado con materias pendentes ten dereito a realizar en maio e setembro unha proba global dos contidos recollidos na programación do ano en que cursou a materia.

De forma voluntaria, pode acollerse a un programa de recuperación por parciais:

- O alumnado recollerá en conserxería os boletíns de actividades.

- Realizará probas parciais, unha por cada unidade, con preguntas do tipo das dos boletíns.

- Os boletíns non se avalían.

- As unidades suspensas poden recuperarse en maio.

- A falta a dúas probas sen causa xustificada supón o abandono do programa, tendo que avaliarse de TODA a materia na proba de maio.

 

 

 



O alumnado acadará unha valoración positiva na materia se se dá algún destes casos:

- Acada o 5 na media das probas parciais (ningunha con menos de 3).

- Acada o 5 na proba global de maio ou na media de parciais e recuperacións das mesmas feitas en maio (ningunha con menos de 3).

- Acada o 5 na proba de setembro.

 

Haberá clases de apoio os  XOVES no 2º RECREO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut