Skip to Content

Novas

Convocatoria extraordinaria de setembro 2020

Se te vas presentar á proba extraordinaria de setembro, tes á túa disposición en Agueiro varios boletíns de actividades que serven para repasar os contidos da 1ª e da 2ª avaliación (non se entregan para a súa cualificación, só se queres que chos corrixa durante o mes de xullo). O material é unha recompilación do que vos fun entregando durante o curso e no confinamento. O que introducimos coma contidos novos no terceiro trimestre non se avaliará en setembro.

  • MATERIA PENDENTE: Se tes que facer a proba da materia pendente, debiches recibir no teu correo varios boletíns para preparala. Se non é así, comunícamo canto antes.

Se tes problemas de acceso, precisas máis material dalgunha parte na que teñas máis dificultades ou se queres resolver algunha dúbida, contacta comigo durante o mes de xullo no enderezo tecnogema@gmail.com ou a través da mensaxería de Agueiro.

Dúbidas

   

Aínda que mellor sempre é facelo en quente, durante as clases, o alumnado pode consultar dúbidas ou escoitar de novo algunha explicación nalgún recreo ou a través de videoconferencia, en ambos casos en horario a acordar ca profesora.

Distribuir contido


by Dr. Radut