Skip to Content

Avaliación de pendentes 2023/24

O alumnado con materias pendentes ten á súa disposición en E-Dixgal o calendario cas datas das probas e de entrega de tarefas. O material para preparar a materia (apuntamentos e boletíns) está accesible na mesma plataforma.

- O alumnado realizará probas parciais con preguntas do tipo das dos boletíns ou probas de informática baseadas nas prácticas propostas (de entrega obrigatoria).

- Os boletíns non se avalían, as prácticas de informática si.

- As unidades suspensas poden recuperarse en maio.

- O alumnado obterá unha valoración positiva na materia se acada o 5 na media das avaliacións ou na media recalculada tralas recuperacións que fora necesario facer en maio.



page | by Dr. Radut