Skip to Content

2013-2014

Entroido 2014

Elfos, pintores de brocha gorda, damas e cabaleiros medievais, pallasos, anxos, homes que son mulleres e mulleres que son homes… Todos eles déronse cita o venres de Entroido no instituto para participar no concurso de disfraces. E como no Entroido a troula e a comida van da man, tamén puideron degustar as especialidades típicas.

 

 

Semana das Froitas Frescas

Do 17 ó 21 de febreiro celebrouse no instituto a primeira semana das Froitas Frescas. Durante o recreo, os alumnos achegáronse ó hall do instituto para comer pinchos realizados con diferentes froitas: melón, kiwis, mazás, uvas, fresas, peras,..

 Con esta iniciativa preténdese fomentar hábitos alimenticios saudables entre os adolescentes. Para consolidar estes hábitos, están previstas dúas semanas máis de froitas frescas, que terán lugar nos meses de marzo e de maio.

 

Saída micolóxica

O pasado mes de outubro, os alumnos de 3º e 4º PDC realizamos unha saída de campo para recoller cogumelos. A actividade desenvolveuse pola zona de O Ariño e estivo guiada por Manuel Pose, experto micólogo que conta con varios libros publicados sobre a materia.

Nesta actividade aprendemos non só a terlle respecto ós cogumelos (ollo co que levamos ó prato...), senón tamén a respetalos porque teñen unha función única e fundamental no ecosistema no que medran, polo que non debemos estragalos.

 

De volta no centro, clasificamos e etiquetamos a colleita para facer unha exposición. Atopamos 46 especies diferentes!, aínda que só unhas poucas eran comestibles.

 

Charla de xadrez

Os alumnos do instituto tiveron a ocasión de medirse con xogadores expertos de xadrez, que viñeron facer unha exhibición deste deporte.

Realizáronse partidas simultáneas entre os expertos e os alumnos e profesores. Un dos obxectivos desta actividade consistía en achegar ó alumnado á práctica desta disciplina, que axuda a desenvolver a concentración.

Saída de Convivencia 2013

O pasado xoves 26 de setembro realizamos a xa tradicional Saída de Convivencia onde, como vén sendo habitual nos últimos anos, todo o alumnado e profesorado compartiron unha xornada de lecer.

O destino escollido este ano foi Arou e, ao longo do camiño, puidemos contemplar fermosas paisaxes como vos deixamos a continuación.

Máis fotos no blogue Vilán de Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut