Skip to Content

2014-2015

Pedro Feijoo no club de lectura Arao Adultos

amemoriadachoiva   

O pasado luns 9 de febreiro tivemos o pracer de ter connosco a Pedro Feijoo para charlar sobre a súa última novela, A memoria da choiva, unha novela chea de crimes e de misterio mais tamén chea de versos, de amor e de odio.

Le máis no Vilán

Club de lectura Arao Adultos

09/02/2015 16:30

Libro: A memoria da choiva.

Nesta sesión, contaremos coa presenza do autor do texto, Pedro Feijoo.

Teatro en inglés


 
  

A semana pasada, a maioría do alumnado do centro desprazouse ata Santiago para asistir á representación da obra de teatro "My English Friends".

A xornada resultou enormemente proveitosa xa que os rapaces o pasaron moi ben, fixeron algunhas compras e, en contra do que moitos pensaban, entenderon bastante ben os diálogos. A seguinte obra..., en London?

En que mes estamos?, no MATEMÉS!


 

   

Ismael: "Avoa, cantos anos tes?"

Avoa: "Se lle restas 8 á miña idade, os 3/4 do resto fan 60"

Cal é a idade da avoa de Ismael?

Preguntas coma esta son as que levan uns días facéndonos dende a Biblioteca e os concursantes do Matemés, divididos en dous niveis (1º e 2º ciclo), compiten para ver quen resolve antes os dous retos matemáticos que reciben semanalmente.

A rivalidade é máxima, a competencia é dura,... así que este mes, a discurrir e facer contas, é o MATEMÉS!

Club de lectura Arao Adultos

  
Durante a tarde do mércores tivemos tempo para a poesía. Tivemos tempo para a charla, tempo para o intercambio, tempo para opinar, para diferir, para acordar, para os sentimentos, para os sentidos.
Foi un pracer ter no Club Arao a Juan Besada e o seu xeito de mirar a vida, de mirar as persoas, co seu ir, co seu pararse, co seu dicir e escoitar e o seu volver de novo.
 
Le máis no Vilán

Club de lectura Arao Alumnos (1º e 2º ESO)

25/02/2015 15:00

Libro: "Cando petan na porta pola noite"

O autor, Xabier Docampo, estará connosco ese día.

Distribuir contido


by Dr. Radut