Skip to Content

2014-2015

Mentalízate!

  

Neste primeiro día de clase do ano, o alumnado de 3º asistiu a unha charla impartida por traballadoras sociais de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais). Estas xuntanzas están enmarcadas na campaña Mentalízate, que pretende informar e sensibilizar á xuventude sobre a enfermidade mental.

Que a enfermidade mental é algo moito máis frecuente do que pensamos, que todos estamos expostos a padecela e que os enfermos mentais non están incapacitados para integrarse na sociedade, foron algunhas das ideas transmitidas por APEM.

Durante a charla, centrada na esquizofrenia, o alumnado aprendeu sobre os factores que predispoñen a padecela pero tamén sobre aqueles que poden axudar a desencadeala. Neste sentido, os rapaces souberon da importancia dun estilo de vida saudable, evitando o consumo de tóxicos que con frecuencia son responsables de que se desenvolva esta enfermidade.

 

...eRRRe que eRRRe cos residuos!

O grupo do proxecto Reciclamos Separando, deséxavos unhas boas e sostibles festas. Aí vos van algúns consellos para REDUCIR a enorme cantidade de residuos que xeramos nestas datas:

fogares verdes  

- Evita os produtos de “usar e tirar”.

- Leva as túas bolsas cando vaias de compras.

- Regala xoguetes e aparellos que funcionen conectados á rede ou con baterías recargables, non con pilas.

- Garda e reutiliza o papel de regalo.

- Separa correctamente os residuos para botar cada un no seu contedor, a reciclaxe non colle vacacións!!!

Preme na imaxe para máis ideas interesantes.

Exposición dos traballos de 1ºESO

Velaquí unha mostra das habilidades artísticas dos rapaces e rapazas de 1ºESO que, capitaneados polo profesor de Educación Plástica e Visual Javier Brey, conseguen desta forma tan rechamante achegar a arte ao noso centro. Pásate polo hall do instituto e bótalle un ollo!

cabezudos

Semana das froitas frescas

Do 1 ao 5 de decembro temos a primeira Semana das Froitas Frescas deste curso. Durante o recreo haberá froita na entrada do instituto para que cada quen escolla a que máis lle guste.

Un ano máis sumámonos así a esta iniciativa da Xunta que pretende fomentar hábitos alimentarios saudables entre o alumnado.

O Pedra da Aguia perdeu dende o 2009 o 30% do profesorado

Máis información no artigo publicado en La Voz de Galicia (30/11/14).

10 razóns para non practicar sexting

 

Distribuir contido


by Dr. Radut