Skip to Content

2014-2015

Club de lectura Arao Adultos

O club de lectura Arao Adultos reúnese unha vez ao mes para comentar, trala súa lectura, un libro proporcionado polo instituto.

Despois da sesión deste mércores, adicada a "Matar a un reiseñor" e na que ademais de falar sobre o texto se visualizou a película, a seguinte cita será o 3 de decembro (16:30 h), para comentar "Demonios familiares", a novela inacabada de Ana Mª Matute.

Animádevos a ler con nós!

Charla de ex-parlamentarios galegos ao centro. (3º ESO)

11/11/2014 11:45

Grupo de encontro e debate

 

Na tarde do 27 de outubro, arrincou a andar o Grupo de encontro e debate, un espazo para o diálogo, a discusión e o intercambio de experiencias que nesta quinta edición conta coa participación de 25 pais e nais.

Na 1ª sesión, na que colaborou a educadora familiar do concello, Ali Trillo, o tema sobre o que se traballou foi Que é un adolescente?, Que podemos facer como pais/nais para que esta etapa sexa o menos conflitiva posible?

Na vindeira xuntanza (24 de novembro), a técnica de igualdade do concello, Patricia Vaquero, falaranos sobre Prevención e sensibilización da violencia de xénero.

Estades todos convidados!

Teatro en Santiago

O 4 de novembro, case a totalidade do alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse ata Santiago de Compostela para asistir á representación de El Lazarillo de Tormes a cargo da compañía Teatro del Repartidor.

A xornada completouse cun paseo polo casco vello antes da función e coa visita á Cidade da Cultura pola tarde, onde puideron ver a Sala de maquetas e a Biblioteca.

Separemos ben, reciclaremos mellor!

Hoxe martes 4 de novembro, celebramos o Día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego coa participación dos alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO na terceira edición da campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor", proposta pola Consellaría de Medio Ambiente e Sogama. A actividade consistiu nunha charla sobre residuos e a visualización dun vídeo sobre a recollida de envases e a súa reciclaxe. Durante as sesións formuláronse preguntas e resolvéronse dúbidas e os rapaces e rapazas foron obsequiados cunha pequena mochila que incluía algúns folletos informativos da campaña e un marcapáxinas cun semilleiro.

Por outra banda, xa demos por comezado o noso proxecto "Reciclamos separando", co que participamos no programa "Recíclate con Sogama", enmarcado no Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Seguiremos informando!

NOVO RECORTE DOCENTE

  

A data de 27/10/14, a inspección educativa comunícanos que unha das docentes do noso centro deberá compartir o seu horario con outro instituto.

Esta profesional, especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, deberá cambiar de lugar de traballo un día á semana, no cal deixará de atender no noso centro a seis alumnos con necesidades educativas especiais.

 O recorte na atención ao alumnado que presenta diferentes dificultades na aprendizaxe vén sumarse á supresión con respecto ó curso pasado de media praza de Pedagoxía Terapéutica.

Distribuir contido


by Dr. Radut