Skip to Content

2011-2012

Excursión dos nosos científicos.

  O venres 18 de novembro, o alumnado de ciencias de 4º visitará en Santiago as instalacións do Instituto de Ciencias Forenses "Luis Concheiro" e do Centro de Supercomputación de Galicia.  

Semana da froita

Durante esta semana, estase a realizar no noso centro o reparto de froita de balde nos recreos coa finalidade de que nos afagamos ao seu consumo habitual.

II Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego

O pasado venres, 4 de novembro, celebramos no instituto o Día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego realizando experiencias para ver o comportamento dos fluídos non newtonianos, dunha disolución que acada instantaneamente os -20ºC e o funcionamento dunha pila construída con limóns.

 

A celebración dedicouse este ano á muller na ciencia e á química. O 2011 é Ano Internacional da Química con motivo do centenario do Premio Nobel de Química outorgado en 1911 a Marie Curie polo descubrimento do radio e o polonio. Xa en 1903 recibira o Nobel de Física polas súas investigacións sobre materiais radiactivos.

Este ano tamén está dedicado a unha matemática coruñesa, María Josefa Wonenburguer, primeira muller que se licenciou en matemáticas na Universidad Central de Madrid, 1950. Foi tamén a primeira en conseguir unha beca Fullbright para facer o seu doutoramento na Universidade de Yale. Os seus estudos centráronse na teoría de grupos de semellanzas e álxebras de Lie. 

Marcha da convivencia 2011-2012

O xoves 29, imos de marcha!

Levamos xa catro anos facendo esta xornada de convivencia na que alumnos e profesores saimos das aulas para coñecernos un pouco mellor durante a realización dun roteiro. Desta vez ampliamos o percorrido do primeiro ano e camiñaremos entre Camelle e Laxe, onde poderemos rematar cun baño na praia.

Recordade levar mochila, gorra, bañador e calzado apropiado para camiñar. E non esquezades entregar as autorizacións!

Distribuir contido


by Dr. Radut