Skip to Content

2014-2015

Grupo de encontro e debate

grupoencontro

 

Ao longo deste curso falouse de límites, estudo, drogas, novas tecnoloxías, sexualidade... Onde?, no Grupo de encontro e debate, ideado hai xa seis anos para abordar temas do máis diverso que afectan a pais e fillos, e que esta semana se despediu ata o vindeiro curso.

Reciclamos Separando, tamén na praia

 

Co obxecto de analizar o tipo de lixo que se acumula nos nosos areais, o grupo Reciclamos Separando estivo o martes pasado recollendo residuos en Area Branca. Clasificouse o lixo, pesouse e cuantificouse e aínda que a primeira vista a praia parecía bastante limpa, acabáronse enchendo case dous contedores. Aprendamos destes rapaces e cando vaiamos á praia deixémola un pouquiño máis limpa!

Música en directo

O Trío Sebestik (guitarra clásica, violonchelo e piano) veunos dar o pasado venres unha entretida clase de música. A través da interpretación de pequenos fragmentos de coñecidas pezas, intercalados con explicacións e anécdotas, aprendemos sobre a historia da música europea, as diferentes épocas e estilos, os seus compositores...

Engaiolados coas interpretacións deste trío, saímos do concerto con gañas de escoitar música clásica máis a miúdo... como quedaría poñela de fondo nos corredores?

Ante o acoso, actúa

  

Os alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO asistiron a unhas charlas sobre o acoso escolar, impartidas por Couto, cabo da Garda Civil de Carballo, quen explicou os tipos de acosadores que existen, como actúan e cales son as medidas a adoptar en caso de ser nós os acosados ou un dos nosos compañeiros. Baixo a premisa «o primeiro é non facer dano», Couto instou ós alumnos a denunciar as situacións de acoso que presencien, advertíndoos de que tan responsables son os acosadores como os espectadores que non actúan.

Os riscos de internet, marco de actuación dos acosadores, foi outra das charlas impartidas neste ciclo para concienciar ós alumnos da necesidade de ser moi prudentes cos contidos que se soben á rede.

Charla sobre lesións medulares (4º ESO)

A realidade do que supón unha lesión medular bateunos na cara da man dos dous membros da Asociación Íntegro para a diversidade funcional que nos visitaron este martes.

cadeirarodasA través do visionado dun vídeo fixemos un percorrido polas causas máis frecuentes de lesión medular (accidentes de tráfico, laborais, deportivos,...), as dramáticas consecuencias que ten para o lesionado e a súa familia e as dificultades cotiás para desenvolverse nun mundo aínda pouco adaptado para a mobilidade en cadeira de rodas. Ademais, asistimos ós sobrecolledores testemuños de varios afectados, moitos moi novos e algún da nosa bisbarra. Insistiron en que "calquera pode ter unha lesión medular" e, dado que moitas das veces se pode evitar, é fundamental a "prevención primaria", é dicir, poñer todos os medios para tratar de evitar o accidente. Neste sentido, déronnos algún consello como facer quendas para conducir sobrio cando se sae de marcha ou empregar todos os elementos de seguridade nos traballos que presenten risco de caída.  Impactante charla que, sen dúbida, nos fixo reflexionar.

Distribuir contido


by Dr. Radut