Skip to Content

2014-2015

Loitade polo voso futuro

Definide o que queredes ser e loitade por conseguilo. Nada se consegue sen esforzo nin traballo. Non sexades conformistas: estudade para labrarvos un futuro mellor. Estas foron algunhas das mensaxes que transmitiron as ex-alumnas do instituto que viñeron o martes dar unha charla ós estudantes de 4º da ESO.

  Laura Rodríguez, que traballa actualmente como enfermeira, e Alicia Ogando, estudante de Medicina, animaron ós alumnos a asentar as bases da súa formación na etapa da ESO para encarar con maior garantía de éxito a continuación dos seus estudos. Insistiron en que é necesario perder o medo «a non ser capaz» e decatarse de que para conseguir o que se quere é preciso «traballo e vontade» sen esquecerse de ser «realista». Moitas grazas ás dúas pola xenerosidade ó acceder a compartir as vosas experiencias connosco.

Semana das froitas frescas

 

 

 

Unha vez máis, durante os recreos desta semana temos á nosa disposición variedade de froita fresca na entrada do centro.

Trátase dun programa da Xunta con financiación da Unión Europea para mellorar os nosos hábitos alimentarios e loitar así contra a crecente obesidade, especialmente preocupante entre a xente nova.

Xabier Docampo pasa a tarde connosco

   O alumnado de 1º e 2º do club de lectura Arao gozou este mércores da visita de Xabier Docampo, autor de "Cando petan na porta pola noite", Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil en 1995.

Foi unha tarde moi entretida na que, logo de respostar ás múltiples preguntas que lle fixeron os rapaces, Xabier contou dous contos de misterio á luz das velas.

Ler máis no Vilán, La Voz de Galicia, Que pasa na costa

Visita a SOGAMA e o MUNCYT

O pasado martes 24 de febreiro o alumnado de 3º e 4º, convidado por SOGAMA, estivo visitando as instalacións da planta de tratamento de residuos da empresa en Cerceda.

  

Entre outras cousas, revisaron como debe facerse a separación de residuos no fogar, viron os sistemas empregados para separar os diferentes materiais que van na bolsa amarela antes de facer as pacas que se envían ás empresas de reciclaxe de cada un deles, informáronse da grande cantidade de residuos que xeramos en Galicia e comprobárono de primeira man ó acceder ós foxos de almacenamento de lixo e visitar os vertedoiros de cinzas e inertes que quedan trala combustión dos residuos da bolsa negra (fracción resto).

O desprazamento aproveitouse para acudir ó Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) onde, ademais da visita, se realizou un taller de construción de espectroscopios, aparellos que permiten observar as diferentes cores que compoñen unha luz.    FOTOS

Día de Rosalía

  

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento da nosa poeta máis coñecida, Rosalía de Castro.

A forma máis fermosa de celebralo é agasallar aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras.

Desexámosvos un día cheo de follas e pétalos!

Día internacional da lingua materna

 

Con esta celebración, cada 21 de febreiro a UNESCO quere chamar a nosa atención sobre a importancia da diversidade lingüística para preservar as culturas e acadar o desenvolvemento dos distintos pobos da Terra. Anímanos a transmitir e promover as linguas autóctonas de cada lugar e a empregalas na alfabetización das novas xeracións.

Que este día sirva para ter presente a importancia da defensa da nosa lingua o resto do ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut