Skip to Content

2010-2011

O vintedous, todos de excursión!

O día 22 despedimos o curso fóra do instituto:
1º ESO e 4º ESO iremos ata Traba en autobús e despois percorreremos a pe o camiño da costa ata Laxe.
2º ESO
, desprazarémonos ata Vigo para coller o barco que nos leve á illa de San Simón, seguindo os pasos de Sara, a protagonista da novela que lemos este ano ("Noite de voraces sombras", de Agustín Fernández Paz). Para comer e darnos un baño iremos ata a praia de Samil. A volta está prevista para as 21:00h
3º ESO imos a Lira e Muros. Conectaremos con Arxentina como parte do taller de sostibilidade que realizamos durante o curso, faremos un roteiro, unha saída en lanchas, veremos un vídeo da Reserva mariña...

 

Que o tempo acompañe e a pasalo ben!

De viaxe a Londres!

Vánsenos a Londres os alumnos de 4º, e xa non queda nada para a viaxe! O xoves 16 saen cara á capital inglesa para pasar alí 6 días estupendos.

Rapaces, ídelle dando ó english, metede un xersei de abrigo (a cidade da néboa éo ata en verán) e non esquezades a cámara de fotos, que queremos reportaxe gráfica á volta.

Os que quedamos aquí teremos que conformarnos con facer unha visita virtual e recordade, seguimos tendo clase...

Salvemos un libro

   Unha actividade para o día das letras:

    Fahrenheit 451, a novela de Ray Bradbury, presenta unha situación na que a única forma de conservar os libros é aprendelos de memoria, converterse en humano-libro e memorizalo para poder transmitilo ás futuras xeracións. Cada un salva unha obra.

    Desa maneira, nós, salvaremos unha morea de libros, pero tamén a lingua na que están escritos e a cultura que lles dá sustento. Cada un e cada unha o seu, dando un motivo e aprendendo un pequeno parágrafo/ estrofa para poder lembralo… se un día desaparecen. Así demostraremos que os libros non arden porque están na memoria.
  
 Escolle o teu libro e sálvao
Para salvalo escolle un dos ‘modelos’ (modelo1, modelo2, modelo3, modelo4, modelo5, modelo6, modelo7) e escribe nel, no cadro de texto, o motivo do salvamento e un anaquiño do texto. Pon debaixo o teu nome (e a clase, se queres). Garda o arquivo poñéndolle o teu nome e o do libro e mándao por correo a biblioteca.ies.pedradaaguia@gmail.com.
 
Non te despistes. Tes esta semana para os salvamentos!

PALILLART

 

Un ano máis, ábrese o concurso PALILLART, Encontro de nov@s palilleir@s do IES Pedra da Aguia.

 

Cada palilleir@ poderá participar nestas modalidades:

A.- Palillar sobre calquera deseño de puntilla.

B.- Confeccionar un deseño sobre papel cuadrícula, relacionado co mar, a agricultura, a gandeiría, a artesanía do encaixe, a ensinanza ou o Xacobeo. (O deseño pode estar feito en borrador para facer o deseño definitivo o día do concurso, sinalando en cada parte os puntos de encaixe empregados: medio par, par enteiro, casadillo, zurcidos, cordón, etc.)

Esperamos que sexa unha xornada de animación ós labores tradicionais na nosa comarca.

I Semana da Ciencia e a Tecnoloxía

 

Na semana do 11 ó 15 de abril estamos de celebración!

Pasa nos recreos pola Aula de usos múltiples e descubrirás experimentos, exposicións, proxectos, obradoiros, concursos,... todo para que disfrutes da ciencia e a tecnoloxía!

De Pedra a Pedra... escribo porque me peta!

Despois dunhas cantas cartas de ida e volta entre o alumnado de 3º do IES Pedras Rubias e o do IES Pedra da Aguia, os de Salceda veñen de visita por Camariñas o vindeiro martes 5 de abril.

Aínda que non os podemos acompañar na súa excursión, si nos xuntaremos todos no merendeiro de Xaviña, para vernos as caras e compartir a hora de xantar.

Distribuir contido


by Dr. Radut