Skip to Content

Semana das froitas frescas

 

Agora que vai vindo a calor, apetece máis que nunca unha peza de froita fresca para comer a media mañá. Por terceira vez no curso, podemos pasar durante os recreos desta semana pola entrada do instituto e disfrutar das cereixas, os albaricoques, as peras, os amorodos, as mazás..., todo boísimo e saudable.

Os de "Reciclamos Separando" van colocar uns contedores para recoller os residuos orgánicos que se poden botar no composteiro: a tona da froita, as cagullas das cereixas, as pedras dos albaricoques, servilletas brancas, pinchos de madeira, restos de bocadillo, etc.



page | by Dr. Radut