Skip to Content

Língua e literatura galega

Departamento de LÍNGUA E LITERATURA GALEGA

Ana Carreira no noso Centro.

O pasado 22 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da Eso tiveron a sorte de asistir á charla de Ana Carreira, contacontos dende hai 20 anos, deleitounos coas súas narracións orais e reflexións entorno a como se deben contar os contos. O alumnado interactuou con ela e participou das súas preguntas e actuación.

En 2 Bach apuntámonos ás tertulias literarias!

Pablo Gil, Alejandro Mariño e Brais Rocha comentan Cousas de Castelao.

O único galego mal falado é o que non se fala

O alumnado de 2º da ESO realizou dous vídeos relacionados coa Dialectoloxía. Neles destaca a importancia da fala da zona, coas súas características especiais, e mais as moitas coincidencias que existen entre esta e mais a lingua estándar.

O importante para unha lingua é falala, xa abonda de dicir "Eu non falo galego porque non o falo ben". Unha escusa: o único galego mal falado é o que non se fala.

Distribuir contido


by Dr. Radut