Skip to Content

Igualdade

Igualdade

#nonmaismatildas

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Desde o IES Pazo da Mercé quixemos sumarnos á campaña #nomorematildas para visibilizar as mulleres científicas e demandar máis referentes femininos para a rapazada.

Elección das viñetas gañadoras do proxecto "O home que queres ser"

Durante o mes de novembro desenvolveuse un taller sobre novas masculinidades nas aulas de plástica de 3º da ESO. O resultado deste traballo foron unhas viñetas nas que a rapazada explicitaba a súa idea sobre os homes do futuro, como os ven, como esperan e desexan que se comporten. 

Do taller saíron un bo número de viñetas interesantes. Logo, un xurado, constituído por un grupo de profesorado e de rapazada membros do Comando Igualdade e Diversidade do centro, encargáronse de elixir as dúas gañadoras. Con elas estamparanse chapas, bolsas... Pronto vos amosaremos o resultado!!

Estamos moi contentas de que a Deputación de Pontevedra nos tivese en conta para desenvolver este proxecto, único na redonda, porque resultou ser moi proveitoso para os estudantes.

25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O día 25N celebramos o noso acto de repulsa contra a lacra da violencia de xénero. O Comando Igualdade e diversidade realizou a pancarta nas aulas de plástica e tamén se encargou da lectura do manifesto. Ese día deixamos claro que neste país non só a Covid mata xente senón que hai unha pandemia chamada machismo que, desde o 2003, xa acabou coa vida de máis de 1000 mulleres. Estes datos expuxémolos publicamente nun contador á entrada do instituto. Con el pretendiamos que o alumnado se decatase de que esas cifras desoladoras invitan a actuar contra esta lacra de maneira contundente, aínda que para ela non se estea a procurar ningunha vacina.

Ademais destes actos, a biblioteca tamén organizou un concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero no que participou un número importante de alumnado.

 

Máis fotos e o vídeo ca lectura do manifesto en ... Leer máis

Falemos de sexo

 

O día 24 de novembro o alumnado de ede Bach, de de Ciclo Medio e ede FP básica asistiron a un taller sobre sexualidade incluído dentro do programa que a Deputación de Pontevedra, a través de Talantea, está a desenvolver no noso centro. Unha experiencia interesante que sempre queda curta pois nunca dá tempo a solucionar todas as cuestións que se formulan.

Día da memoria Trans

 

O pasado 20 de novembro adobiamos o noso patio e recordamos a todas as persoas que foron asasasinadas por seren trans. A rapazada do Comando explicou polas aulas desde cando se celebra este día e por que é necesario pararse a pensar no sufrimento doutras persoas que senten a diario o desprezo por non seren comprendidas.

Charla sobre diversidade afectivo-sexual

 

O 19 de novembro o alumnado de 2º ESO B asistiu a unha charla sobre diversidade afectivo sexual a cargo de Cristina Palacios, presidenta de Arelas. Nela traballaron sobre os conceptos de sexo, xénero e identidade e abundaron no coñecemento da  transexualidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut