Skip to Content

Igualdade

Igualdade

A diversidade afectivo sexual

O alumnado de 1º da ESO acudiu o día 21 a unha charla sobre a diversidade afectivo sexual. Nela tratáronse aspectos que teñen que ver coas diferenzas de ser e de sentir e coa importancia de entender e aceptar que vivimos nun mundo diverso e que iso nos enriquece a tod@s. Esta charla foi subvencionada polo Concello das Neves.

Minuto de silencio en repulsa contra os casos de violencia de xénero

O pasado luns, durante o recreo, gardamos un minuto de silencio para mostrar a nosa repulsa contra o alarmante repunte de casos de violencia de xénero.

O Comando Igualdade e Diversidade celebra o mes do Orgullo

Para celebrar o mes do Orgullo, o Comando igualdade e Diversidade realizou unha Guía da diversidade afectivo- sexual para lla entregar a todo o profesorado e persoal non lectivo do centro. Nela aparece terminoloxía lgbtiq, suxestións para as aulas, recursos, etc.  Tamén desenvolveron a campaña: Por uns baños inclusivos para demandar que se elimine a distinción binaria dentro dos aseos do IES. Por iso, encheron aos baños do instituto de cartalaría co interese de motivar unha reflexión sobre este asunto dentro do centro.

O Comando Igualdade e Diversidade denuncia a taxa rosa

O Comando Igualdade e Diversidade do IES realizou unha intervención para denunciar o incremento de prezos dos produtos destinados ao público feminino (coñecido popularmente como taxa rosa) e o elevado IVE dos produtos de hixiene feminina. Para iso repartiron compresas e tampóns gratuitos entre as mozas do centro xunto cun díptico no que informaban do sentido da súa protesta. Tamén leron en público unha carta dirixida ao Ministro de Consumo (posteriormente enviada ao ministerio) na que denunciaban estes abusos que consideran discriminatorios.

Entrega de premios do concurso "Mulleres Galegas" convocado polo Concello das Neves

O xoves día 15 de abril tivo lugar a entrega de premios do concurso "Mulleres Galegas" convocado polo Concello das Neves. O concurso tiña  como finalidade reflexionar sobre a relevancia do papel que xogaron e xogan as mulleres no desenvolvemento da propia comunidade; reflectindo a necesidade de contemplar as achegas femininas na consecución da igualdade de oportunidades e contaba co aliciente de que, a proposta gañadora, pasará a formar parte da cultura urbana do municipio, a través da pintura da mesma, nun muro que será designado pola administración local.

Co berro no micro

O mellor rap feminista, en galego e dende O Condado.

O martes día 23 de marzo, aterraron no IES; cos seus catro micros, os seus bafles, os seus pratos e os seus amplis as Flow de Toxo. O alumnado de 1º de bacharelato e de 1º de FPB puido coñecer, de primeira man, os ingredientes que se agochan detrás das letras e das actuacións dun dos mellores grupos de rap en Galiza. A formación, que está integrada, entre outras persoas, polas irmás de Taboexa Silvia e Rosi Mella (ex alumna do centro), desveláronlle moitas das súas vivencias de como conseguen loitar e abrirse un oco - tan importante - no patriarcado castelanizado e inglesizado musical que nos rodea. Ademáis, aproveitaron para obsequiar o seu público con algún do seus mellores temas.

Distribuir contido


by Dr. Radut