Eventos
Formación Profesional Básica de Informática de Oficina.
Número de prazas no IES Pazo da Mercé: 20
Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro no propio IES Pazo da Mercé. Para iso deberase presentar o Anexo I da Orde do 13 de xuño de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso á admisión nestas ensinanzas, á que podes acceder directamente premendo sobre a orde. De tpdos os xeito, poderanse recoller os impresos no propio centro.
Normativa relativa á Formación Profesional Básica: toda a normativa relativa á FP Básica pódese consultar na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeritaria. Pode acceder a ela premento neste enlace: FP Básica.
Durante o curso escolar 2016- 2017 a Biblioteca "Rosalía" permanecerá aberta todos os luns desde as 15:40 ata as 16:20. Durante ese tempo estará permitido o acceso ao Edificio Novo, única e exclusivamente, para facer uso deste espazo.
Poderase aproveitar para estudar, ler, buscar información... mais non para préstamo nin devolución de libros.