Eventos
REUNIÓN DA CCP
Convócase reunión da CCP na aula multimedia para o martes, día 12 de febreiro de 2019 ás 16:15 horas, en primeira convocatoria, e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Gastos de funcionamento dos departamentos didácticos durante o ano 2018.
3.- Orzamento dos departamentos didácticos para o ano 2019.
4.- Calendario das probas de avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) e ponderacións das distintas materias.
5.- Proposta de calendario para a segunda avaliación.
6.- Proposta de calendario para o final de curso 2018/2019.
7.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
8.- Rogos e preguntas.
Chantada, 4 de febreiro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o martes, día 12 de marzo de 2019 ás 16:15 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
2.- Avaliación dos resultados académicos na ESO e no Bacharelato durante o curso 2017/2018.
3.- Valoración do simulacro realizado o día 23 de novembro de 2018.
4.- Calendario de avaliacións para o segundo trimestre do curso 2018/2019.
5.- Aprobación, se procede, do calendario de final de curso 2018/2019.
6.- Información da dirección do centro.
7.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
8.- Rogos e preguntas.
Chantada, 25 de febreiro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez