Obradoiros
Pegadas literarias, Día do Libro 2016
Enviado por admin o Ven, 27/05/2016 - 10:51Por mor da celebración do Día do libro os rapaces de FP Básica, Bacharelato e os profesores do centro realizamos unha actividade a que chamamos “Pegadas literarias” e “Castelos literarios” onde houbo recomendacións literarias e un percorrido por diferentes autores, obras e personaxes vencellados á literatura universal . De todo o noso traballo deixámosvos unha mostra.
Encontro do profesorado de Fabricación Mecánica IES García Barbón no Barrios do mes de maio de 2016
Enviado por admin o Xov, 19/05/2016 - 15:30No Barrios de maio recóllese esta actividade do profesorado de Fabricación Mecánica que terá lugar os días 10 e 11 de xuño no IES García Barbón. O programa pódese consultar na columna esquerda desta web.
Video grabado durante a andaina do Proxecto Salvavidas para promocionar a doazón de órganos
Enviado por admin o Xov, 19/05/2016 - 15:18Video grabado durante a andaina do Proxecto Salvavidas para promocionar a doazón de órganos polos alumnos de CAE do IES García Barbón
Alumnado do IES García Barbón participan nun obradoiro sobre cooperativismo, no periódico Barrios
Enviado por admin o Xov, 19/05/2016 - 11:12"O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou en Ribadavia, na adega Cume de Avia, xunto con 50 alumnos e alumnas do IES García Barbón de Verín no obradoiro de ‘Emprendemento Cooperativo Eusumo’ que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Rede Eusumo."
Se queres ler o artigo completo no periódico dixital Barrios, preme na fotografía
Actividades do Día do Libro 2016 no IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 28/04/2016 - 23:55
Lucía Rúa Afonso gañou a fabulosa camiseta no Concurso "Recomenda un Libro que che gustou". A súa recomendación literaria foi: "La fundación" de A. Buero Vallejo. E mirade que libros tan interesantes foron recomendados!
7 de abril (2016): Dia mundial da saúde - Actividades no IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 07/04/2016 - 23:13Hoxe celebrouse o Dia Mundial da Saúde no IES García Barbón. Os alumnos de TCAE levaron a cabo distintos obradoiros nos que, entre outras cousas, facilitaron información de distintas doenzas ou a alimentación, fixeron prácticas preventivas como medir a presión arterial ou laboura de concienciación con unha cadeira de rodas.
Noraboa ao alumnado de TCAE e as súas profesoras. Tamén a todos os que particiciparon!
Xornadas de portas abertas e stand na Feira de San Lázaro
Enviado por admin o Ven, 11/03/2016 - 11:53O IES García Barbón estará presente na Feira de San Lázaro, alí contará cunha caseta onde se facilitará información acerca da oferta informativa e das instalacións coas que conta. O horario na feira será dende as 10 h ata ás 20 h os días 12 e 13 de marzo (sábado e domingo).
Ademais, aproveitarase para realizar unha xornada de portas abertas no propio instituto. Así, poderase coñecer, ademais da oferta formativa, as instalacións e os medios cos que se conta neste instituto. Podedes achegarvos o sábado en horario de 17 h ás 20 h e o domingo de 11 h ás 14 h e de 17 h ás 20 h.
Tanto no stand como no instituto, estarán presentes profesores e alumnos, que poderán achegar aos visitantes as súas experiencias.
Só faltas ti!
A experiencia dunha estudante de Pedagoxía no IES García Barbón
Enviado por admin o Xov, 18/02/2016 - 13:19Karina Freitas Ribeiro compartiu co noso alumnado uns consellos e orientacións relativos as distintas posibilidades académicas e posibles saídas laborais dende o punto de vista que lle permite plantexar ser unha xoven pedagoga. Aquí tedes unha presentación do que falou:
Actividades de orientación profesional e promoción da oferta formativa
Enviado por admin o Lun, 15/02/2016 - 12:35Nos próximos días realizaranse distintas actividades de orientación, onde se explicará a ampla oferta formativa que dende o IES García Barbón ofrécese. No seguinte cartel detállase cada unha destas actividades, así como a súa data, hora e lugar de realización:
O IES García Barbón realiza un Programa bianual de formación permanente do profesorado
Enviado por admin o Ven, 22/01/2016 - 13:10O IES García Barbón, na súa búsqueda continua da mellora no seu ensino, establece un programa bianual de formación permanente do profesorado do que dase cumprida información aquí: