Obradoiros
Programa de Entroido no IES García Barbón
Enviado por admin o Ven, 17/02/2017 - 13:19Xa temos preparado todo para a Semana do Entroido no centro: temos expostas as caretas de cigarrón e os carteis que informan das nosas actividades: Concurso de postres de Entroido o martes 21 e visita de cigarróns (Álvaro Ferreira, Nelson e outros alumnos do instituto) o mércores 22.
Agradecementos: A Jesús Ferreiro Dameá, alumno da Esa, por debuxarnos as caretas; a Nelson por facérnolas en escaiola, ao profesor Encinas por deseñarnos o cartel e a Borys Martínez por cedernos a foto do Cigarrón.
Que viva o Entroido no Barbón!
Comeza o Entroido no Barbón (ESA 2)
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 22:06
No García Barbón xa estamos a preparar o Entroido! O alumnado da ESA 2 está pintando unhas caretas de Cigarrón que nos fixo Nelson. Cando as rematemos ensinámosvolas!
Agasallados no 1º Concurso de Fotografía "Verbas de Outono"
Enviado por admin o Ven, 13/01/2017 - 01:08
Foron entregados os premios do 1º Concurso de fotografía "Verbas de outono" por parte dá profesora de galego Ana Belén Mellado. Felicitar os premiados e agradecer a todos os participantes polo seu traballo e interese.
1º Premio (unha tablet): Alejandro Prado
2º Premio: (unha tablet): Natalia Salgueiro
3º Premio (unha semana de comida e bebida sen coste no bar do centro): Marta Guede
Un conto de Samaín teatralizado
Enviado por admin o Xov, 03/11/2016 - 22:09O venres 28 de outubro, alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e F.P. Básica asistiron a un conto teatralizado do Samaín, "Ollo de pau".
Facendo Ciencia en Galego II
Enviado por admin o Mar, 28/06/2016 - 22:31Ó longo da 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de bacharelato traballaron en diversas investigacións científicas co obxectivo de ver a ciencia en galego. Agora toca ollar os traballos dos alumnos de 1º de bacharelato, axundo á normalización do noso idioma neste ámbito.
Pasádeo ben vendo estes vídeos!
Facendo Ciencia en Galego
Enviado por admin o Mér, 01/06/2016 - 00:07Ó longo desta 3ª avaliación, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato levaron a cabo diversas investigacións científicas, todas elas, iso si, en galego, contribuíndo deste xeito á normalización do noso idioma neste ámbito. Despois de moito pescudar, quixeron compartillar con nós as conclusións ás que chegaron estes novos, pero prometedores científicos, e por iso deixámosvos os vídeos que elaboraron. Desexamos que aprendades moito véndoos!!!
O arte do dragón, segundo os alumnnos de Debuxo
Enviado por admin o Dom, 29/05/2016 - 11:31Carlos Matos, profesor de Debuxo, e o seu alumnado de Debuxo -onde estudan tanto técnico como artístico- pintan un dragón nun dos muros do IES García Barbón,en concreto o muro que separa as piscinas do instituto e que dá ao aparcadoiro . Están a dedicar bastantes tardes á devandita actividade, desde aquí agradecerlles o traballo para dar un toque alegre para a vista.. Moi bo traballo!