Saltar navegación.
Inicio

VOTACIÓNS PARA O CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN 2021-22

VOTA OS TEUS DOUS RELATOS FAVORITOS.

Podes ler os textos no PDF de abaixo ou ben na biblioteca do centro.

Hai unha urna  nas mesas da biblioteca para introducir o teu voto anónimo, no que debes poñer os dous números dos teus dous microrrelatos elixidos.

Tes ata o xoves para votar, pois o venres procederase á entrega de premios no recreo.

Participa!!!!

Eleccións Consello Escolar

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG do 29 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.

A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue: Presidente: Directora

  • Xefe de Estudos de Diurno
  • Xefa de Estudos de Adultos
  • 1 Representante do Concello
  • 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
  • Secretaria (con voz, pero sen voto)
  • 7 Representantes do Profesorado
  • 3 Representantes de Pais/Nais
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos

Nas presentes eleccións cómpre renovar aos seguintes membros por sectores:

  • 5 Representantes do Profesorado
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 3 Representantes de Pais-Nais

Toda a información relativa ó proceso electoral atoparase no taboleiro do vestíbulo.

Orientación e titoría no IES García Barbón 2021-2022

Matrícula no CS Administración e Finanzas

Ábrese o prazo de matrícula no CS Administración e Finanzas (xa que conta coon prazas dispoñibles) desde o día 15 de setembro ás 9:00 horas ata o día 24 de setembro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

Matrícula CS Administración e Finanzas

 

Presentacións curso 2021/2022

Presentación Curso 2021 / 2022 terá lugar o vindeiro mércores 15 de setembro, esperarase no espazo cuberto na parte dianteira do centro.

 

Horarios

  • 11:00 Ciclos Medios de Administración, Mantemento, Vehículos e Enfermaría
  • 11:30 Ciclo Superior Administración e Finanzas
  • 12:00 Bacharelato
  • 13:00 FP Básica

 

Comezo das clases o 16 de setembro.

 

23 de setembro presentación da ESA I e ESA II ás 11:20.

Becas do Ministerio de Educación curso 2021/2022

No día de hoxe 3 de agosto ata o 30 de setembro de 2021, abrese o periodo para solicitude de becas para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, do Ministerior de Educación e Formación Profesional. 

Para solicitar beca debes cursar no curso 2021/2022, algún dos seguinte estudos: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grado medio e de grado superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidad a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos religiosos superiores
  • Formación Profesional de Grado Básico 

Para solicitala é necesario facelo dentro da sede electrónica do Ministerior de Educación e Formación Profesional, podes atopar toda a información en: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Distribuir contido