Saltar navegación.
Inicio

Percorrido virtual polo IES García Barbón

Accedendo á seguinte imaxe podedes facer un percorrido virtual polo IES García Barbón:

Recorrido virtual IES García Barbón

Día Escolar da Paz e a Non-violencia

Celebramos o Día Escolar da Paz e a Non-violencia e facémolo dun xeito diferente, aínda que non poidamos estar uns ao lado dos outros. Facémolo a través da poesía, posto que a poesía onde existe tamén é vida e esperanza.

Máis ca nunca é preciso clamarmos a paz e a non-violencia para lembrarmos a importancia de defender unha educación no camiño da concordia, o diálogo, a tolerancia, a solidariedade e o respecto aos dereitos humanos.

Velaquí unha escolma de haikus creados por alumnado do IES García-Barbón para conmemorar este día, onde as palabras se unen na chamada á Paz e á Non-violencia nos seus diferentes sentidos. Podedes ter acceso a través da imaxe ou a través dos ficheiros adxuntos.

Admisión e matrícula en Bacharelato no IES García Barbón 2021-2022

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:


 Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 Para poder realizar a xestión por internet, visitar a páxina:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito): do 1 ao 20 de marzo

Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería:   https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#

 

Formalización da matrícula en bacharelato: do 25 de xuño  ó 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en  bacharelato: do 1 ó 10 de setembro

As listaxes de admitidos e non admitidos publicaranse nos taboleiros de anuncios do centro educativo.

Para saber máis, visita:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

Bo Nadal e ventureiro Ano novo 2021 para o IES García-Barbón de Verín!

Con esta tarxeta, e desde o EDLG, queremos felicitarlle as festas a toda a comunidade educativa do IES García- Barbón de Verín coa ollada posta nun novo ano diferente no que poidamos volver ver os nosos rostros e sorrisos.

Que gocedes destas festas con seguridade e saúde!

A nosa árbore de Nadal 2020 da Biblioteca

Distribuir contido