A ANPA de Sar quere convidarvos a participar no faladoiro: "Desaprendendo a desigualdade para previr o bo trato" que terá lugar hoxe, xoves 26 de novembro ás 20:00h coa ponente Priscila Retamozo Ramos a través do seguinte enlace:
https://meet.jit.si/desaprendendodesigualdade
Tamén faremos a presentación da exposición de fotografías do 2º Concurso de Fotografías pola Igualdade onde se presentou alumnado do IES de SAR e obtiveron os seguintes premios:
2º PREMIO na etapa de secundaria para Sabela Taboada Codesido, e
3º PREMIO na etapa de Bacharelato para Sabela Rey Miguéns
PARABÉNS ÁS PREMIADAS
Durante a próxima semana, na entrada principal do centro, estarán a vosa disposición contenedores para poder recoller, alimentos, xoguetes. Estos serán entregados ó Banco de Alimentos.
Para consultar toda información a ter en conta, consultade este documento.
NON DOAR ALIMENTOS CADUCADOS OU EN MAL ESTADO..
Calqueira aportación posible xa é un graniño máis de area.
Grazas !
DOUS NOVOS PREMIOS PARA O IES DE SAR.
1.III Concurso de Comunicación Científica del IGFAE.
O IES de SAR obtivo o primeiro premio como gañador da categoría “experimentos” . O traballo galardonado foi “Medindo a radiactividade do radón no noso instituto”.
Enlace web do IGAFE
2.Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola.
O IES de Sar foi seleccionado como finalista entre centros de propostas e proxectos entregados, quedando entre os tres primeiros (xa que non se poido realizar a final polo COVID-19).
No seguinte documento poderán consultar toda a información para o reparto de mascarillas. O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (venres 13 de novembro).
O IES de SAR gaña o 1º Premio do II Certame de Comunicacións Científicas do Instituto Galego de Altas Enerxías co traballo "Medindo a radiactividade do Radón no noso instituto". Este e traballo foi dirixido polos profesores do departamento de Física no curso 2019/20, Ramón Cid e Isaac Valiña. Noraboa a todos e todas os que participararon neste traballo
O IES de SAR gaña o concurso VOZ NATURA do 2020 na provincia de A Coruña
O Comité Científico do Programa VOZ NATURA acordou, en reunión celebrada o día 27 de outubro, conceder o Premio provincia de A Coruña do programa de educación medioambiental Voz Natura, curso 2019/2020, ao centro polo traballo realizado baixo o título: Estudos ambientais no entorno das Brañas de Sar.
Este traballo foi realizado polo alumnado de Bioloxía dirixido polos profesores do departamento: Leopoldo Bahillo e Mª Carmen García e coa colaboración do departamento de Física e Química.
NORABOA!!!!
O sorteo para a elección dos membros titulares e suplentes da Xunta electoral que se ía celebrar o día 23 de outrubro queda anulado, xa que todo o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar queda adiado según a seguinte ressolución:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer