O noso alumno Antón Figueroa Martínez sae hoxe na Voz de Galicia, cunha entrevista por mor da súa participación na Fase Nacional da Olimpiada de Matemáticas. Para acceder a noticia premer na seguite ligazón.
O vindeiro mércores 19 de febreiro nos recreos haberá un campionato de Badmintón para todo o alumnado. No primeiro recreo será o turno dos homes e no segundo recreo será par as mulleres.
O alumnado de 1º Bacharelato D participará o vindeiro mércores 12 de febreiro na Olimpiada de Xeoloxía.
A Policia Local de Santiago impartirá unha charla sobre Seguridade Viaria aó alumnado de 3º ESO na súa aula, o vindeiro 11 de febreiro do 2020 de 8:50 a 10:30.
O vindeiro martes 11 de febreiro o alumnado de Obradoiro Musical (1º ESO) e o alumnado de 2º ESO, asistiran a o concerto "Involución" , no Teatro Principal. Sairán do centro ás 11:30 e voltarán as 13:30 horas.
O vindeiro 11 de febreiro as alumnas de 1º D, Cora Alonso Morell e Cristina Pérez Louzao, asistirán durante todo o día a Facultade de Física para participar na MasterClass "Day of Women and Girls in Science".
O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO asistirán a un espectáculo de maxia "TECNO MAXIA" no Salón de Actos o xoves 6 de febreiro de 13:30-14:30.
O IES de Sar dentro do programa Voz Natura 2019-2020 convoca o primeiro concurso de carteis co tema: UN FUTURO SEN PLÁSTICOS.
Para consultar as bases premer aquí
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer