A ANPA de Sar quere convidarvos a participar no faladoiro: "Desaprendendo a desigualdade para previr o bo trato" que terá lugar hoxe, xoves 26 de novembro ás 20:00h coa ponente Priscila Retamozo Ramos a través do seguinte enlace:
https://meet.jit.si/desaprendendodesigualdade
Tamén faremos a presentación da exposición de fotografías do 2º Concurso de Fotografías pola Igualdade onde se presentou alumnado do IES de SAR e obtiveron os seguintes premios:
2º PREMIO na etapa de secundaria para Sabela Taboada Codesido, e
3º PREMIO na etapa de Bacharelato para Sabela Rey Miguéns
PARABÉNS ÁS PREMIADAS
Dende a ANPA de Sar queremos informar que os/as que aínda non devolvestes os libros da ANPA do curso pasado podedes facelo ata o venres 4 de setembro ás 14h.
DEVOLUCIÓN DE LIBROS:
-- Entregar os libros nunha bolsa pechada
-- Indicar os datos do alumno/a, pai/nai/titor/titora legal, algún dato de contacto (teléfono e/ou mail) e os libros que doa e/ou devolve
SOLICITUDE DE LIBROS:
-- Cubrir o formulario a través do seguinte enlace:
-- O prazo para solicitar libros remata o venres ás 00:00h
PARA ENTRAR NO CENTRO SEGUE AS SEGUINTES INSTRUCCIÓNS:
1. Non esquezas a túa mascarilla
2. Mantén a distancia de seguridade
3. Desinfecta as túas mans ao entrar ao centro e sigue estrictamente as indicacións que atoparás na entrada
IMPORTANTE:
Debido a situación excepcional que estamos a vivir agradecemos que se cumpran os prazos. Como hai que ter os libros en cuarentena antes de poder manipulalos e facer a entrega non recollemos nin libros nin solicitudes despois da data fixada.
Aínda hai xente que non devolvou os libros que se prestaron dende a ANPA , polo tanto, agradecemos que se faga a devolución para que as familias que o precisen e así o soliciten podan ter libros. MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.
Prégase ás familias que cubran o cuestionario para que poidan solicitar e/ou doar os libros do banco da ANPA. O enlace para acceder a ese cuestionario é o seguinte:
As instrucións para devolver libros á ANPA e para doar podense consultar premendo no enlace.
Ata o día 3 de febreiro está o prazo aberto para participar no 2º concurso de fotografía "Fotografías pola igualdade" organizado pola Federación de ANPAS de Santiago. Para ler as bases da convocatoria premer aquí.
AVISO : O prazo se amplía ata o luns 17 de febreiro ás 00:00 horas.
Eva Vila
Infórmase ás persoas interesadas nas actividades que oferta a ANPA que se vai facer o curso de grafiti.
A actividade comeza o 14 de outubro.
Para consultas e/ou dúbidas, dirixirse a: anpadesar@gmail.com
No seguinte documento poderán consultar a proposta de actividades da ANPA para o curso 2019-2020
Nos seguintes enlaces poderá consultar os documentos:
Alta socios 2019-2020
Proposta de actividades 2019-2020
O vindeiro luns 24 de xuño a partir das 17:00 horas , a ANPA recollerá os libros no instituto
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer