portada30

Física e química

Programacións

Modificacións da programacións curso 21/22

No seguinte enlace poderá  consultar a modificación da programación do departamento para o curso 21_22 realizada para que se adapate a pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico

Visita o Instituto Galego de Fisica de Altas Enerxias - IGFAE do noso alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias

Visita do noso alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias o Instituto Galego de Física de Altas Enerxias - IGFAE, acompañado pola súa profesora de Física e Química, Mercedes Monteagudo, e a súa profesora de Matemáticas, Julia Vilaboa.

I Reunión do PROXECTO MEDRA, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

O noso alumnado de Física, acompañado pola súa profesora Mercedes Monteagudo, tivo a fortuna de participar o venres pasado na I Reunión do PROXECTO MEDRA, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

Premios Luís Freire MC2 de Investigación Científica na Escola.

Luís Freire foi un botánico e micólogo galego fundador da Sociedade Galega de Historia Natural, entre estas e outras moitas razón existen os Premios Luís Freire MC2 de Investigación Científica na Escola.

Dende o Departamento de Física e Química do centro realizouse o pasado curso un traballo de alto nivel científico sobre o Radón polo cal se quedou finalista no mencionado premio. Non foi posible poder defendelo na final por mor do COVID-19. A pesar disto o alumnado involucrado vese premiado coa visita aos museos coruñeses que se realizará tento en conta todas as medidas COVID-19 vixentes.

8 DE MARZO.

Olalla Maroñas Amigo, PhD

Farmacogenética

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

Hospital Clínico Universitario de santiago de Compostela

Dará unha charla ao alumnado de ciencias. É un referente para moitas alumnas nos seus estudios presentes e futuros. 

Conferencias CLIMACO. Fundación MATRIX.

Esta semana hai dúas conferencias sobre a importancia do clima para a vida e as actividades humanas.

Xabóns solidarios.

O IES é sensible aos problemas sociais.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer