portada30

Física e química

HANDS ON PHYSICS MasterClass

ACTIVIDADE

HANDS ON PHYSICS MasterClass

 

 

Actividade organizada polo Depto de FÍSICA DE PARTÍCULAS FACULTADE DE FÍSICA (USC)

 12 de Marzo de 2020  (todo o día)

Alumnado participante de 1º e 2º Bac (Ciencias)

Departamento de Física e Química

Un ano máis o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organiza unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas” e denominada “Física de Partículas coas mans”, a masterclass consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica por ordenador realizada en grupo, os resultados da cal serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica.

Masterclass

O vindeiro 11 de febreiro as alumnas de 1º D, Cora Alonso Morell e Cristina Pérez Louzao, asistirán durante todo o día a Facultade de Física para participar na MasterClass "Day of Women and Girls in Science".

 

 

                                      

Alumnas do Bacharelato de Ciencias participan na Masterclass "Day of Women and Girls in Science"

Esta actividade está promovida polo INSTITUTO GALEGO DE FÍSICA DE ALTAS ENERXÍAS (USC), e celébrase en xornada completa o martes 11 de febreiro. Na “Masterclass” levaranse a cabo actividades relacionadas coa Física de Partículas, nunha actividade que nace como froito da colaboración do IGFAE co “Grupo Internacional de Divulgación de Física” (promotores da mesma) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear).

Os obxectivos desta actividade son, por unha banda, achegar ás alumnas de Bacharelato o traballo das investigadoras do instituto, visibilizando así a labor científica levada a cabo por mulleres e fomentando as vocacións das nenas. Impartiranse unha serie de conferencias introductorias da Física de Partículas actual. Ademáis, farase unha práctica por ordenador en grupos con datos reais dun experimento do CERN. Posteriormente, discutiranse os resultados mediante videoconferencia co CERN e outros centros europeos que realicen a xornada simultaneamente.

 

 

 

 

 

Felicitación de Nadal

Exposición "Científicos Galegos 2008-2019" (RAGC)

Os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2019", cedidos pola REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS (RAGC), expóñense no noso centro ata o vindeiro luns 9 de decembro.

Desde Benito Jerónimo Feijóo a Tomás Batuecas, pasando por Angeles Alvariño, Antonio Casares o Ramón María Aller.

 

 

 

Trátase dos carteis adicados á vida dos galegos e galegas que desde 2008 ata 2019 foron homenaxeados no Día da Ciencia en Galicia pola RAGC. Unha fermosa maneira de nos achegar a eses homes e mulleres que traballaron pola Ciencia desde Galicia.

O alumnado do noso instituto terá ocasión derealizar pequenas actividades a partir da información proporcionada polos trece carteis expostos en diferentes zonas do centro.

"A investigación en Química: Ciencia creativa para un mundo mellor"

O alumnado de Ciencias, 1º Bacharelato D e 2º Bacharelato C visitarán o CIQUS-USC o vindeiro 26 de novembro de 2019 en horario de 15.30-19:30  para asistir a actividade "A investigación en Química: Ciencia creativa para un mundo"

 

 

 

AVISO: esta actividade suspendese pola ALERTA meteorolóxica

 

Un Proxecto de Investigación do Depto de Física e Química premiado polo IGFAE (USC)

O Proxecto de Investigación “Medindo a radiactividade do Radón no noso instituto”, presentado polo Departamento de Física e Química do IES de SAR, foi seleccionado no II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para ser levado a cabo no presente Curso 2019/2020

 

Miguel Ramos Pernas, físico da USC, na Semana da Ciencia.

Miguel Ramos Pernas, Físico de partículas da USC, conversou co alumnado de 3º e 4º ESO, e de Bacharelato (ciencias) do noso instituto nunha actividade que forma parte das accións que se levan a cabo no noso centro por mor da celebración da Semana da Ciencia.  Na súa charla, Miguel Ramos compartiu co alumnado a súa experiencia como investigador no CERN (Xenebra), que é un dos máis importantes centros de Física no mundo, describindo a súas instalacións, experimentos e contribucións á ciencia, pero tamén á sociedade en xeral.

X DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: "Achegándonos ao CERN".

 Charla impartida por

 MIGUEL RAMOS PERNAS

INSTITUTO GALEGO DE FÍSICA DE ALTAS ENERXÍAS (USC) 

DÍA: Venres, 8 de Novembro 2019

Hora: 12:45 - 13:40

Alumnado de Ciencias: 3º e 4º ESO ,, 1º e 2º BAC

 

 

Viaxe ó CERN

 

Como xa vén sendo tradicional desde hai máis de dez anos, o Departamento de Física e Química xunto co alumnado de bacharelato do itinerario de Ciencias e Tecnoloxía do noso centro, están a preparar unha Viaxe Didáctica a Xenebra (Suíza), para ser levada a cabo na última semana de febreiro de 2020.


O eixe central será a visita ao CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas), e ademais coñeceremos outras dúas institucións moi importantes que teñen sede nesa cidade helvética: Edifico das Nacións Unidas  e o Museo de Historia Natural.

Visitaremos, ademais, a cidade co seu impresionante lago, as rúas a cidade vella e os seus lugares máis emblemáticos.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer