Extraescolares

OBRADOIRO COMPIgual "A-BANEANDO AS VIOLENCIAS MACHISTAS"

O grupo de Igualadade "Caracois Reunides" do IES de Sar participa no proxecto COMPigual, de Educación en igualdade e programas para a prevención da violencia de xénero nos centros educativas"  impulsado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela.

Mañá mércores ás 10:40 para  alumnado da ESO participando no:

"XOGO VIRTUAL “A-BANEANDO AS VIOLENCIAS MACHISTAS”:

compi

"Mulleres no laboratorio: as primeiras científicas na USC".

Na Biblioteca do instituto pódese visitar a exposición  " Mulleres no laboratorio:as primeiras  científicas da USC"

Visita o Castro de Viladonga e Murallas de Lugo

O vindeiro martes 7 de novembro os alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO visitarán o Castro de Viladonga e as Murallas de Lugo. Sairán ás 8:50 horas e voltarán as 18:30 horas aproximadamente.

Exposición "Soldados de Terracota"

O vindeiro 20 de dedembro do 2016 o alumnado de 4º ESO e  1º Bacharelato irán a Vigo a visitar a exposición Soldados de Terracota (Guerreros de Xian). Sairán ás 9:00 e voltarán as 14:30 horas.

Dita actividade está organizada polos departamentos de Relixión, Debuxo Técnico e Tecnoloxía 

Visita ás estacións Depuradora e Potabilizadora de auga de Santiago

Visita ás estacións Depuradora de augas residuais de Aríns e Potabilizadora de auga potable do Tambre de Santiago o vindeiro  luns 11 de abril de 2016, de 9:00 a 12:40 h. Nesta actividade participarán os grupos de 3º ESO, 4º ESO (só alumnado de Bioloxía e Xeoloxía) e Diver II, e 2º Bacharelato de Ciencias (só alumnado de Bioloxía e CTMA). Estarán acompañados polos profesores Leopoldo Bahillo Varela e Pablo Gómez Segade . Está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía

20 de Xuño: Actividade extraescolar do alumnado de Relixión de 1º ESO

Visita ao albergue de transeúntes (PP. Franciscanos) e a exposición Auschwitz-Birkenau  na  biblioteca Anxel Casal o vindeiroxoves 20 de xuño de 11:30 a 14:00 horas por o alumnado de 1º ESO A (só alumnado de relixión) acompañados pola profesora  Sofía Balseiro

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer