No seguinte enlace poderá consultar a modificación da programación do departamento para o curso 21_22 realizada para que se adapate a pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico
No seguinte documento poderá consultar a programación do departamento de Lingua Galega e Literatura para o curso 20_21
O día das letras Galegas está adicado a poeta Xela Arias, falecida no 2003. o Departamento de Lingua Galeega e Literatura celebra esta data e convida á comunidade educativa a participar nas diversas actividades que se desenvolerán ó longo deste ano.
Na planta baixa do centro pódese visitar unha exposición centrada no poemario "Tigres coma cabalos" que explora a relación de poemas e fotografías ao incluír as creacións de Xulio Xil.
O alumnado da ESO e FP Básica recibirá un marca páxinas conmemorativo, nos cursos de 4º ESO e Bacharelato entregaráse unha revista que se fará chegar tamén ao profesorado e persoal non docentee a ANPA.
Versión dun poema de Xela Arias
Este venres, 9 de abril, temos a sorte de contar con Manolo Rivas no noso centro. Daranos unha conferencia titulada A BOCA DA LITERATURA . Ecoloxía, compromiso, memoria serán as coordenadas coas que trazará o seu discurso literario. Será ás 11:00 horas para o alumnado de Bacharelato na Biblioteca do centro.
Grazas a Valentia Galdino di Yelsi polo marabilloso cartel que fixo para o evento.
Este mércores 16 de decembro, Tomás González Ahola, autor de Galiza Mutante. Poder nuclear, conectarase co alumnado de 1º de bacharelato A do IES de Sar para conversar arredor desta obra posapocalíptica. Analizaranse as influencias na súa escrita, así como os diferentes carácteres dos personaxes máis relevantes e as interpretacións que se derivan da historia nesta novela". Será de 12:50 a 13:40
Se queresdes ver a Adaptación da Programación do Departamento, preme neste enlace
Para consultar a Adaptación da programación do curso 19_20 prema no seguinte enlace
O vindereiro venres 14 de febreiro o alumnado de 3º ESO e 1º ESO B realizarán un roteiro por distintos lugares da cidade relacionados con Isaac Diaz Pardo. Sairán as 09:00 e voltarán ás 14:00 horas.
Na prensa, La voz de Galicia do día 15 de febrero e no Correo Gallego do xoves 13.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer