Benvida

O noso centro

Ensinar é o oficio de axudar a medrar, de educar a ollada, de consolidar a madurez dos cidadáns do futuro.

Ensinar é moito máis que transmitir contidos ou inculcar valores.

Os docentes sabemos que un centro de ensino é un espazo de encontro, un lugar no que saber en común, no que compartir xeitos de entender o mundo e de afrontar o reto de ser adulto.

Ensinamos para ser mellores persoas, para ser felices, para afrontar os problemas que nos obrigan a superarnos, para ser solidarios e respectar os demais.

Educar non é un traballo. É un oficio. O oficio de crer nunha sociedade mellor, nun individuo mellor.

Distribuir contido