O mércores 19 de febreiro o alumnado de Bacharelato visitará noa Cidade da Cultura a exposición "Galicia un relato no mundo".
Mañá martes 18 de febreiro o alumnado de 3º e 4º da ESO vaia a ir a exposición "Galicia un relato no mundo" na Cidade da Cultura. Sairán as 9:30 e voltarán ás 12:30.
Hoxe facémonos eco da carreira exitosa dunha exalumna do IES de Sar, Amara Caruncho. Directora creativa de Coconutscankill, nos últimos anos está dando a coñecer o seu traballo como deseñadora de moda en importantes pasarelas internacionais
Compartimos esta reportaxe de VOGUE onde podedes saber máis dela e do seu talento.
A semana pasada, o programa Zig Zag da TVG2 estivo no noso instituto gravando unha pequena reportaxe sobre o recente estreo na sala NUMAX da película Arima, dirixida por Jaione Camborda Coll e cos seguintes actores no seu reparto: Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Dávila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera. Grazas por escoller o noso centro para dala a coñecer.
Para ver o programa facer clic na seguinte ligazón.
O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO asistirán a un espectáculo de maxia "TECNO MAXIA" no Salón de Actos o xoves 6 de febreiro de 13:30-14:30.
O vindeirio mércores 5 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO asistirán no Salón de Actos a representación sobre o Acoso Escolar que farán o alumnado de FPBásica de 1º de Cociña. A representación durará de 12:50 a 14:30.
Charla impartida por
MIGUEL RAMOS PERNAS
INSTITUTO GALEGO DE FÍSICA DE ALTAS ENERXÍAS (USC)
DÍA: Venres, 8 de Novembro 2019
Hora: 12:45 - 13:40
Alumnado de Ciencias: 3º e 4º ESO ,, 1º e 2º BAC
Para a conmemoración do Día da Paz, 30 de Xaneiro, Vicedirección convoca un concurso coas seguintes bases:
Hoxe luns 26 de novembro celebraráse no segundo recreo un acto poético-musical "Contra aviolencia de xénero" (en especial contra a violencia sobre as mulleres) e nel participará o alumnado e profesorado do centro.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer