Neste mes de xaneiro, o IES de Sar vén de facer 30 anos. Por iso quixemos preparar unha programación de actividades moi especial para celebralo con toda a comunidade educativa. Entre febreiro e maio, o noso alumnado terá ocasión de participar nunha chea de propostas educativas, culturais e científicas que confiamos en que non esquezan.
Xa está en Compostela o alumnado e profesorado que participa do intercambio co IES de Sar a través do programa Eduexchanges. Trátase dun intercambio co centro italiano Alessandro Volta .Esperamos que desfruten da cidade e do trato hospitalario das familias do noso alumnado que os acollen estes días.
Contra vento e marea. o noso alumnado voluntario do noso centro, acompañado por Pancho Lapeña e Sonia Dopazo, deu unha lección de compromiso co medio ambiente, recollendo 312 kg de plásticos nas praias de Aguiño e algúns gramos de pellets nas praias de Ribeira e Porto do Son.
Todo un exemplo. Un día para aprender doutro xeito.
Visita ao CGAC do noso alumnado de 1º de Bacharelato de Artes ao CGAC polo seu 30 aniversario.
O noso exalumno Tristán Ron volveu ao IES de Sar para falarnos do seu novo proxecto: unha curtametraxe de animación sobre a LGTBIFOBIA.
Moita sorte coa iniciativa e moitos parabéns, Tristán!
Colaboración do noso alumnado con Lidia Cao no mural que deseñou para o noso instituto. Unha clase que de seguro non han de esquecer.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer