portada30

Complementarias

Colaboración do noso alumnado con Lidia Cao no mural que deseñou para o noso instituto

Colaboración do noso alumnado con Lidia Cao no mural que deseñou para o noso instituto. Unha clase que de seguro non han de esquecer.

Bosques de tinta, cera e verniz.

Obradoiro Stencil Art

Hoxe comezou no noso centro o obradoiro de Stencil Art (estarcido), que imparte o artista Erre dentro do Festival Compostela Contemporánea de muralismo e intervención urbana, organizado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Santiago e polo Colectivo Acción Mutante.
Grazas por este agasallo do que desfrutarán hoxe e mañá 11 alumnas e alumnos que cursan o Bacharelato de Artes.

Presentación do libro Divers@s no Museo do Pobo Galego

Imos rematando o curso e esta tarde o noso alumnado tivo ocasión de compartir con moita xente o seu talento impreso neste libro que presentamos no Museo do Pobo Galego e que titulamos Divers@s.

Grazas a todos os que quixestes arroupar a criatura e moi especialmente aos representantes dos diferentes partidos políticos que integran a corporación municipal. A diversidade ideolóxica tamén quixo estar presente neste acto no que falamos de igualdade, de tolerancia, de diversidade. No IES de Sar sabemos como convivir harmonicamente e este libro é o froito desta convicción.

Presentacion_libro_Museo_Pobo_Galego_xuño_2023

Presentación do libro Divers@s na Selic

Grazas por acompañarnos o pasado venres na Selic na presentación do libro Divers@s.

Selic_xuño_2023

Proxecto DONAS DE SI

Compartimos o proxecto de DONAS DE SI que demos en chamar PRESUME DE SER E DÉIXATE VER e que pretende visibilizar a vida de diferentes mulleres. Unhas coñecidas e outras dignas de coñecer. Preme no mapa e  poderás saber delas.

Donas_de_si_xuño_2023

Excelentes resultados na ABAU!

Parabéns ao alumnado do IES de Sar polos excelentes resultados acadados na convocatoria ordinaria da ABAU.

Moita sorte na nova etapa á que dades comezo!

ABAU_xuño_2023

Presentación do novo libro da Colección Sar!

Presentacion_libro_xuño_2023

 

Para confirmar asistencia no seguinte formulario

Quedades convidadas e convidados á presentación do libro que editamos este ano na Colección Sar do noso instituto, cos traballos de toda a comunidade educativa e coas fantásticas fotografías de Fuco Reyes, nacidas do obradoiro que lle impartiu ao noso alumnado de Bacharelato de Artes durante máis de 3 meses.

Será o venres na Selic e o martes no Museo do Pobo Galego.

 

 

Grazas a La Voz de Galicia por contalo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer