portada30

Presentación do libro Divers@s no Museo do Pobo Galego

Imos rematando o curso e esta tarde o noso alumnado tivo ocasión de compartir con moita xente o seu talento impreso neste libro que presentamos no Museo do Pobo Galego e que titulamos Divers@s.

Grazas a todos os que quixestes arroupar a criatura e moi especialmente aos representantes dos diferentes partidos políticos que integran a corporación municipal. A diversidade ideolóxica tamén quixo estar presente neste acto no que falamos de igualdade, de tolerancia, de diversidade. No IES de Sar sabemos como convivir harmonicamente e este libro é o froito desta convicción.

Presentacion_libro_Museo_Pobo_Galego_xuño_2023

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer