DIRECTOR
VICEDIRECTORA
XEFA DE ESTUDOS
SECRETARIA
Comunicámoslles que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.
Por este motivo, solicitamos a colaboración do alumnado e as súas familias para que asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.
Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.
O centro educativo establecerá as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Igualmente posibilitará que o profesorado e o persoal de administración e servizos poida acceder aos mesmos.
En canto ás familias, a dirección do centro facilitará, a través do propio alumnado e en carta persoal, as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través da aplicación convivenciaxestion.
Este venres, 9 de abril, temos a sorte de contar con Manolo Rivas no noso centro. Daranos unha conferencia titulada A BOCA DA LITERATURA . Ecoloxía, compromiso, memoria serán as coordenadas coas que trazará o seu discurso literario. Será ás 11:00 horas para o alumnado de Bacharelato na Biblioteca do centro.
Grazas a Valentia Galdino di Yelsi polo marabilloso cartel que fixo para o evento.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer