portada30

Organigrama, Consello escolar, Equipo Directivo

Exposición Premio Luís Ksado coa participación de alumnado do IES de Sar

A partir deste martes día 4 poderedes visitar no Museo do Pobo Galego as series gañadoras e seleccionadas no 16º Premio Luís Ksado de Creación Fotografía, entre as que está a serie titulada "La escoria rebelde" do fotógrafo compostelá Fuco Reyes. Trátase dunha serie na que traballou o pasado ano cos alumnos do IES de Sar. Estamos moi agradecidos a Fuco por pensar no noso centro para realizar algunhas das súas achegas fotográficas dos últimos anos.
Na súa web podedes ver algunhas destas obras:
 
 

DENEGADA SOLICITUDE DE NOVA PARADA DE TRANSPORTE ESCOLAR

A XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA vén de denegar a demanda que o IES de SAR fixo en xullo dunha nova parada do transporte escolar denominada CUÉTARA (MI-0153-22).

Noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos excelentes resultados acadados na ABAU na Convocatoria EXTRAORDINARIA

O equipo docente do IES de Sar queremos dar a noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos resultados acadados tanto no bacharelato como nos exames das probas ABAU da convocatoria extraordinaria de xullo, na que se acadou un 94% de aprobados do alumnado presentado, sendo esta porcentaxe 34 puntos maior que a media galega (60%).

Esperamos que isto continúe no próximo curso 22-23. Desexámosvos o mellor.

Noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos resultados acadados

O equipo docente do IES de Sar queremos dar a noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos resultados acadados tanto no bacharelato como nos exames das probas  ABAU da convocatoria de xuño, nesta primeira convocatoria acadouse un 98% de aprobados sendo esta porcentaxe 5 puntos maior que a media galega (93%).

Esperamos que isto continúe na próxima convocatoria do mes de xullo. Desexámosvos o mellor.

Unha actriz do IES de Sar

Resumo do protocolo de xestión epidemiolóxica

 

Para ampliar a imaxe facer clic sobre ela

No caso de que un autotest de Antíxenos sexa positivo, debe comunicarse obrigatoriamente o Centro de Seguemento do Coronavirus (CSC) mediante o teléfono 881540045 ou na páxina web coronavirus.sergas.gal

No momento en que o CSC notifique ó centro dito positivo , as faltas xustificaránse.

Documento completo

Novas recomendacións preventivas para contactos estreitos

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza do 17/03/2022, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade a partir do 21/03/20122. Ver o documento

 

 

Minuto de silencio en homenaxe aos mariñeiros do buque Villa de Pitanxo

 Maña xoves 17 de febreiro, ás 12:00 faremos un minuto de silencio en memoria dos falecidos no naufragio do buque Villa de Pitanxo de Marín . Dende a comunidade educativa do IES de Sar, as nosas condolencias e todo o apoio ás familias e compañeiros da  tripulación

Feliz Nadal

Dende o IES de Sar desexamos que teñades un Bo Nadal e un feliz 2022!!!

Recordamos que o período de vacacións vai desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

Subasta solidaria MOSTRARTE IES SAR

 

A subasta solidaria das obras"Mostrarte", terá lugar o Martes 15 de xuño ás 19:30  no local da Asociación veciñal de Sar (localización)

 O obtido na subasta será para a "Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva".

 

 

Eleccións ao Consello Escolar

Toda a información está recollida no seguinte enlace.

Polo bo funcionamento do centro é moi importante PARTICIPAR!!!!!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer