Novas |
Os departamentos de Orientación e Debuxo organizan o día xoves 4 de abril, de 10:50 a 12:30 horas, no salón de actos para o alumnado de 1º e 2º de Artes, unha conferencia informativa sobre as Escolas Superiores:
|
|||
O alumnado de 2º Bacharelato asistirá o vindeiro xoves 28 de febreiro, no salón de actos do instituto, a unha mesa redonda "Acceso á universidade 2019". Participarán representantes das tres universidades. |
|||
O alumnado de 3º ESO asistirá, o vindeiro martes 12 de febreiro de 12:50 a 12:30 horas, a unha conferencia sobre Educación Viaria, na sua aula, impartida pola Policía Municipal de Santiago. |
|||
O alumnado de 3º ESO participará o vindeiro martes 19 de febreiro, no obradoiro Quérote + (Educación afectivo-emocional). Terá lugar na aula de 12:50 a 14.30 horas.
|
|||
O vindeiro martes 19 de febreiro no Salón de Actos do instituto, o alumnado de 4º ESO B e o alumnado de E. plástica de 4º ESO A, asistirá a unha representación teatral, "Consumo de drogas". Ésta está coordinada polo Concello de Santiago e interpretada polo alumnado de FPB Pontepedriña. |
|||
O alumnado de 4º ESO participará nun obradoiro de "Prevención do consumo de drogas" (Concello de Santiago máis UMAD) no seguinte horario: 4º ESO A: xoves 14 e 21 defebreiro e 5 de marzo de 12:50 a 13:30 horas 4º ESO B: martes 12 3 19 de febreiro e 7 de marzo de 17:50 a 18:30 horas |
|||
O vindeiro mércores 16 de xaneiro, no Salón de Actos do instituto, terá lugar unha charla informativa sobre Educación Viaria a cargo da Policia Municipal. Asistirá o alumnado de 1º Bacharelato no seguinte horario: 1º Bach A e C: 8:50 a 10:30 horas 1º Bach B e D:10:50 a 12:30 horas |
|||
O vindeiro xoves 26 de abril a alumnado de 4º ESO irá a FP Innova dende ás 10:45 horas a 12:30 horas. |
|||
O xoves 5 de abril haberá no Salón de Actos do instituto unha mesa redonda sobre as opcións académicas do alumnado de Bacharelato. Asistirán o alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Artes. Nesta mesa redonda participarán:
|
|||
Todo o alumnado de 2º de Bacharelato asistirá o día 9 de marzo de 10:50 a 12:30 horas, a unha Mesa Redonda das tres Universidades Galegas que terá lugar no Salón de Actos do instituto.
|
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
