portada30

Física e química

Exposición Ignacio Ribas Marqués

Exposición no noso Instituto sobre a figura e a obra de Ignacio Ribas Marqués, a quen se homenaxea no Día da Ciencia en Galicia 2017

Foi valedor dos productos naturais do país e impulsor da Química Orgánica na Universidade Galega.

 

 

Ignacio Ribas Marqués

MasterClass de Física

 

Alumnado de Física de 2º Bacharelato participa o 4 de abril de 2017 na actividade MasterClass coordinada polo Departamento de Física e Química do IES de Sar.

Esta actividade está promovida polo Departamento de Física de Partículas da USC, nunha colaboración coa Sociedade Europea de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear.

 
 

Consiste nunha xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Dita xornada, denominada "Física de Partículas coas mans", consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica por ordenador realizada en grupo, os resultados da cal serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizaron simultaneamente unha xornada idéntica.
 

Actividade "Math and Arts"

Coordinado polo Departamento de Física e Química, e dentro dás accións pertencentes ao Proxecto Kids Inspire Kids for STEAM (Proxecto Europeo Marco Erasmus +), alumnado de 4º ESO levou a cabo a activididade "Math and Arts" proposta polo centro finés Laukaa School que tamén participa neste proxecto.

Desenvolvida neste segundo trimestre, esta actividade tivo como obxectivo a construción dun corpo xeométrico que é a base de moitos balóns de fútbol usando material enviado polo centro de Finlandia.

Ademais dos beneficios curriculares que toda acción colaborativa implica, aproveitouse a tarefa para introducir algúns parámetros e cálculos matemáticos de interese.

Esta actividade contou coa colaboración do profesorado do Departamento de Matemáticas para este nivel, Pilar Figueroa e Tomás Corona.

 

KIKS "Kids Inspire Kids for STEM

Dpto de Física e Química do noso instituto participa neste curso 2016/17 no Proxecto KIKS (Kids Inspire Kids for STEAM)

Participan dous equipos

 

  • Equipo 1: Alejo, Cristina, Daniel, Jairo e Paula

O proxecto consiste en medir a concentración de dioxido de carbono que hai na Coca-Cola. O equipo colabora co equipo 4 do IES Sanchez Canton en Pontevedra. Este equipo traballará na parte experimental do proxecto e os seus homólogos de Pontevedra na parte matemática.

 

  • Equipo 2: Alberto, Anxo, César, Janeth e Mohamad

O proxecto consiste en medir a concentración de dioxido de carbono que hai na Coca-Cola. O equipo colabora co equipo 4 do IES Sanchez Canton en Pontevedra. Este equipo traballará na parte experimental do proxecto e os seus homólogos de Pontevedra na parte matemática.

Para máis información premer aquí

 

 

DIA DA CIENCIA EN GALEGO: "Cruz Gallástegui: as orixes da xenética en Galicia"

Co gallo da celebración do Día da Ciencia en Galego, o venres 2 de decembro de 2016 presénstase a Conferencia:

"Cruz Gallástegui: as orixes da xenética en Galicia"

Cartel_DiaCiencia2016_Sar.jpg

impartida por Juan Ramón Gallástegui Otero, profesor de secundaria e asociado da USC.

Este evento está organizado polos Dptos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, e Dinamización Lingüística -

Conferencia "Cruz Gallástegui: as orixes da xenética en Galicia"

O vindeiro venres 2 de decembro de 11:40 a 12:30 os departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Dinamización Lingüística,  organizan para os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO , 1º Bacharelato C e 2º Bacharelato C, unha conferencia "Cruz de Gallastégui: as orixes da xenática en Galicia" impartida por D. Juan R. Gallástegui, profesor de ensino secundario e profesor asociado USC.

Alumnado de 4º ESO participan no Proxecto Europeo "KIKS for STEAM"

O Dpto de Física e Química do noso instituto participa neste curso 2016/17 no Proxecto KIKS (Kids Inspire Kids for STEAM),que en galego se pode traducir por:

Rapaces e rapazas que motivan a outros rapaces e rapazas en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas”).

Ver http://www.kiks.unican.es/i-e-s-de-sar/

Trátase dun proxecto da Unión Europea, dentro do Marco Erasmus +, de dous anos de duración, e no noso caso participará o alumnado da materia de Física e Química de 4º da ESO.

Desenvolverán o proxecto “Medindo a concentración de dióxido de carbono nunha bebida de cola”.

Esta actividade farase en conxunto con outro grupo de 4º da ESO do IES “Sánchez Cantón” de Pontevedra, que se encargará do tratamento matemático dos datos, mentres que o noso alumnado levará a cabo a parte experimental no Laboratorio de Química.

Esta acción enmárcase dentro do currículo da materia de Física e Química deste curso, e, ademáis, cumpre os requisitos de Proxecto de Aula que a nova lei educativa (LOMCE) inclúe dentro dos contidos para a materia de 4º da ESO.

"Os alumnos do Bacharelato de Ciencias visitan o CERN en Xenebra (Suíza)". Febreiro 2016

Preto de corenta alumnas e alumnos de 1º e 2º de BAC do IES de Sar viaxaron do 10 ao 14 de Febreiro  a cidade suíza de Xenebra. O motivo central desta viaxe didáctica foi a visita ao CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas).

Viaxe Didáctica a Xenebra. Febreiro de 2016

Viaxe Didáctica a Xenebra. Datas: 11 ao 14 de febrero.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer