portada30

MasterClass de Física

 

Alumnado de Física de 2º Bacharelato participa o 4 de abril de 2017 na actividade MasterClass coordinada polo Departamento de Física e Química do IES de Sar.

Esta actividade está promovida polo Departamento de Física de Partículas da USC, nunha colaboración coa Sociedade Europea de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear.

 
 

Consiste nunha xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Dita xornada, denominada "Física de Partículas coas mans", consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica por ordenador realizada en grupo, os resultados da cal serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizaron simultaneamente unha xornada idéntica.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer