portada30

Devolución dos libros da ANPA

Dende a ANPA de Sar queremos informar que os/as que aínda non devolvestes os libros da ANPA do curso pasado podedes facelo ata o venres 4 de setembro ás 14h. 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS:

   --  Entregar os libros nunha bolsa pechada

   --  Indicar os datos do alumno/a, pai/nai/titor/titora legal, algún dato de contacto (teléfono e/ou mail) e os libros que doa e/ou devolve

SOLICITUDE DE LIBROS:

   --  Cubrir o formulario a través do seguinte enlace:

https://cutt.ly/RfzVdTz

   -- O prazo para solicitar libros remata o venres ás 00:00h

PARA ENTRAR NO CENTRO SEGUE AS SEGUINTES INSTRUCCIÓNS:

     1. Non esquezas a túa mascarilla

     2. Mantén a distancia de seguridade

     3. Desinfecta as túas mans ao entrar ao centro e sigue estrictamente as indicacións que atoparás na entrada

IMPORTANTE:

Debido a situación excepcional que estamos a vivir agradecemos que se cumpran os prazos.  Como hai que ter os libros en cuarentena antes de poder manipulalos e facer a entrega non recollemos nin libros nin solicitudes despois da data fixada. 

Aínda hai xente que non devolvou os libros que se prestaron dende a ANPA , polo tanto, agradecemos que se faga a devolución para que as familias que o precisen e así o soliciten podan ter libros.  MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer