O 22 de abril , 2º, 3º e 4º da ESO asistirán a un Obradoiro de Percusión en cadansúa aula, debido ao COVID.
O Obradoiro de Regueifa é ofertado por DLG do Concello de Santiago de Compostela. Asistirán o luns, 26 de abril as/os alumnas/nos de 1º e 2º da ESO. Cada grupo estará na súa aula durante a representación , debido ao COVID.
Luís Freire foi un botánico e micólogo galego fundador da Sociedade Galega de Historia Natural, entre estas e outras moitas razón existen os Premios Luís Freire MC2 de Investigación Científica na Escola.
Dende o Departamento de Física e Química do centro realizouse o pasado curso un traballo de alto nivel científico sobre o Radón polo cal se quedou finalista no mencionado premio. Non foi posible poder defendelo na final por mor do COVID-19. A pesar disto o alumnado involucrado vese premiado coa visita aos museos coruñeses que se realizará tento en conta todas as medidas COVID-19 vixentes.
TÍTULO:
…E SE NÃO PUDER DANÇAR … no chão comum
[ guarda tua ordenação]
(um canto de dança e mofa ao espírito de gravidade)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer