portada30

Haikus sobre Mitos do amor romántico

Haikus sobre Mitos do amor romántico elaborados polo alumnado de 3 ESO nas materias de Lingua Castelá e Educación Plástica.

 

 

O pasado venres, o alumnado que cursa Expresión Artística en 4° da ESO participou no obradoiro “Fotografía e identidade: o autorretrato”

O pasado venres, o alumnado que cursa Expresión Artística en 4° da ESO participou no obradoiro “Fotografía e identidade: o autorretrato”, no que ademais de aprender algúns segredos da fotografía, reflexionaron sobre as maneiras de mirarse.
Moitas grazas, Sonia Dopazo, por organizar a visita e polas fotografías.
 

Diego Tarrío cursou o Bacharelato de Ciencias e agora anda pola fermosa cidade de Uppsala

Non só se formaron artistas destacados no IES de Sar. Diego Tarrío cursou o Bacharelato de Ciencias e agora anda pola fermosa cidade de Uppsala, ensinando na súa universidade Física Nuclear Aplicada.

 

Compartimos esta reseña xornalística doutra exalumna do IES de Sar

Como o mundo é un pano e as RR.SS. nos achegan dun xeito ás veces impredecible, compartimos esta reseña xornalística doutra exalumna do IES de Sar, compañeira de Amara Caruncho, primeiro no noso instituto e despois na UDIT (Universidad de Diseño y Tecnología) de Madrid.
Soubemos das dúas estes días e celebrámolo dando conta do seu talento creativo, investido neste caso en iniciativas emprendedoras de gran mérito.
 

A nosa profesora de Música, María Giménez, participa nun concerto na Catedral de Cuenca

Queremos compartir algúns momentos deste marabilloso concerto no que participou a nosa profesora de Música, María Giménez, na Catedral de Cuenca.
Mil parabéns!
 

Outra exalumna do IES de Sar que está colleitando éxitos importantes no mundo da moda coa súa marca, Coconutscankill

Damos noticia hoxe doutra exalumna do IES de Sar que está colleitando éxitos importantes no mundo da moda coa súa marca, Coconutscankill.
Talento e emprendemento nun mundo o da moda no que é tan difícil destacar.
Moitos éxitos, Amara.
 
 

Membros do Club de Ciencia traballando no xardín do centro

Os membros do Club de Ciencia do instituto quedaron a traballar este martes antes das sesións de clase da tarde para deixar o xardín do centro así de chulo.
Os pensamentos de Rosalía xa están sementados En las orillas de Sar.
Grazas a Pamen García Romalde pola foto.
 

Alumnado de 1º da ESO no teatro principal

Alumnado de 1° da ESO hoxe no Teatro Principal, asistindo a unha representación da obra BAILAR AGORA.
Grazas a Xurxo Fernández Carballido por organizar a saída e polas fotos.
 

Visita dunha ilustradora extraordinaria ao IES de Sar: Natalia Colombo

Hoxe tivemos a sorte de recibir no instituto a unha ilustradora extraordinaria, que, se tiveramos que destacar unha cualidade dela, diriamos que é unha creadora de personaxes excepcional: Natalia Colombo.
Arxentina de orixe, ten as súas criaturas gráficas espalladas por todo o mundo, en edicións moi coidadas, como as que ten feito de varias obras súas a editorial Kalandraka.
Hoxe, da súa man e da da Concellería de Educación do Concello de Santiago, falounos do seu traballo creativo e, fundamentalmente, de Cerca, obra coa que gañou en 2008 a primeira edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.
Mil grazas por compartir entre o noso alumnado o teu talento.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer