portada30

Os integrantes do club de ciencia do instituto visitaron a Casa do Patrón en Lalin e fixeron un roteiro polos seus arredores

Hoxe os integrantes do club de ciencia do instituto visitaron a Casa do Patrón en Lalin e fixeron un roteiro polos seus arredores. Despois de comer, xa no instituto, “limparon ósos” para montar un esqueleto e fixeron un refuxio para insectos. Vamos, que non perderon o día...
Grazas á sua profesora de Bioloxía, Chus Gomez Rey, por acompañalos e polas fotos e a Pamen García por ensinarlles a ver o corpo humano con ollada científica.
 
 

Demos por rematadas as actividades de celebración do 30 aniversario do noso instituto cunha visita de luxo

Hoxe demos por rematadas as actividades de celebración do 30 aniversario do noso instituto cunha visita de luxo. Tivemos a sorte de escoitar unha charla fantástica de Lidia Cao, falando do seu paso como alumna polo noso centro en 2013-2015 e compartindo con todo o alumnado de 1° de Bacharelato de Artes os seus coñecementos e experiencias no mundo do muralismo. Unha artista recoñecida xa internacionalmente que só ten 26 anos. Un exemplo de talento e traballo a partes iguais. Sempre que nos visita déixanos leccións imborrables. Para o alumnado e para o profesorado. Estamos moi orgullosas e orgullosos de que o IES de Sar sexa para ela a súa segunda casa.

 

"Aí vén o maio".

"Aí vén o maio".
Compartimos a versión do reivindicativo poema de Manuel Curros Enríquez en versión de Pablo Milanés e Luís Emilio Batallán.
Grazas ao Equipo de Dinamización Lingüística pola iniciativa.
"Cantádeme uns maios
sen bruxas nin demos".
 
 

Visita do alumnado de 1° da ESO ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela

Visita hoxe do alumnado de 1° da ESO ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, un centro de divulgación da natureza de primeiro nivel.
Organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, acompañouno Chus Gómez, Pamen García Romalde, Sofía Paleo e Zoraida Barral, que fixo estas fotografías que compartimos.
 

Os máis pequenos do instituto desfrutaron e aprenderon moito no Muncyt da Coruña

Os máis pequenos do instituto desfrutaron e aprenderon moito no Muncyt da Coruña.
Moitas grazas a Sofía Paleo por organizar a saída e a Xurxo Fernández Carballido polas fotografías.
 
 

Moitos parabéns á nosa alumna de 1°de Bacharelato, Almudena Aldrey Sanluis

Moitos parabéns á nosa alumna de 1°de Bacharelato, Almudena Aldrey Sanluis, que resultou finalista no Concurso escolar de videopoemas sobre composicións poéticas, convocado pola Casa-Museo Manuel María. O próximo 11 de maio darán a coñecer as gañadoras.
E parabéns tamén ao departamento de Dinamización Lingüística por animar ao alumnado a participar e asesoralos na presentación dos traballos.
 
 
 

Temos como finalistas dos Premios Martín Códax da Música a dous exalumnos do IES de Sar

Animádevos a votar pola nosa xente.
Temos como finalistas dos Premios Martín Códax da Música a dous exalumnos do IES de Sar: Gloria Pavía, na modalidade de Artista Emerxente, e Tomé Mouriño, membro do grupo De Ninghures, na categoría de Música Folk.
Merecen gañar en cadansúa categoría.
 

O alumnado que cuRsa Música asistiu ao Auditorio de Galicia

Hoxe no Auditorio de Galicia, o alumnado que cuesa Música asistiu ao espectáculo Pleasure Island da Real Filharmonía de Galicia e as coreógrafas e intérpretes Ariadna Montfort e Estela Merlos.
Grazas a María Giménez por organizalo.
 

Autorretratos do alumnado de 2° de Bacharelato de Artes.

Autorretratos do alumnado de 2° de Bacharelato de Artes.
Parabéns polos vosos traballos na materia de Debuxo Artístico que imparte Manuel de la Rosa.
 
 

Traballo co alumnado de Portugués

Preparados.

Grazas a Xurxo Fernández Carballido polas fotos e polo traballo co alumnado de Portugués.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer