Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

O IES Mugardos no Congreso de ENCIGA

Esta fin de semana o IES Mugardos estivo moi presente no XXIV congreso dos Ensinantes de Ciencia de Galicia (ENCIGA). O congreso celebrouse en A Fonsagrada e estivo a moi alto nivel e moitos sentidos: calidade, organización e ....máis de 900 metros sobre o nivel do mar.

Na imaxe María e José Luis ao remate da súa exposición. Tamén participou Covadonga coa comunicación que se pode ver na web http://www.enciga.org/

Magosto, 2011

 

          

                                                    Máis fotos proximamente

 

Una aventura antártica (1911-2011)

Curso de "Freemind" e "Dia"

 

 

O próximo luns día 21 comeza no CIFP Ferrolterra un curso sobre Freemind e Dia

 

Freemind: Programa para a creación de mapas mentais e conceptuais que permite:

1- Preparar clases de todo tipo para os alumnos
2- Organizar e preparar reunións de departamento
3- Elaborar plans de traballo para preparar clases
4- Para organizar o noso plan de traballo diario
5- Para tomar notas e apuntamentos
6- Expresas ideas complexas e difíciles de redactar
7- Preparar un presentación pública
8- Preparar e dirixir unha reunión

Dia: Programa para crear todo tipo de diagramas, por exemplo:

1- Organigramas
2- Esquemas de electricidade ou electrónica
3- Esquemas de redes
4- Diagramas de fluxo
5- Esquemas con elementos en 3D
6- Mapas de todo tipo
7- Debuxos con utensilios usados en química

 

Durante toda esta xornada realízanse unha serie de exercicios prácticos relacionados con estes contidos.

Para participar poñerse en contacto co CFR de Ferrol ou a través da páxina da Xunta.

Para ver a presentación interactiva:

http://www.futureworkss.com/educacion/freeminddia/Inicio.htm

Para ver os exercicio que se van realizar: 

http://www.futureworkss.com/educacion/freeminddia/ejercicios/Ejercicios.pdf

 

 

Recollida de firmas pola continuidade de "Preescolar na Casa"

Os drásticos recortes da Xunta de Galicia condenan á desaparición a Preescolar na Casa. Pedimos a túa colaboración para evitar este feito.

Co rogo da súa máxima difusión enviámosvos o comunicado da Mesa Galega de Educación no Rural e a ligazón da petición publica de sinaturas na rede :

http://www.peticionpublica.es/PeticaoVer.aspx?pi=PnC2011

Grazas pola vosa colaboración.

Nova Escola Galega
Rúa San Clemente, 18. Baixo15705 Santiago de Compostela
Tel./Fax: 981 562 577
www.nova-escola-galega.org
neg@mundo-r.com

Nos tempos rebeldes de María Castaña

De seguro que tes oído e mesmo empregado a expresión "do tempo de maricastaña" referida a acontecementos de hai moitos, moitos anos. Pois esta María Castaña existiu de verdade e era galega. Propómosche coñecer a súa historia nestas dúas ligazóns con dous xeitos de abordar o asunto. 

TAREFA: Le con atención ambos os textos e completa o cuestionario.

Páxina do Consello da Cultura Galega.

Biografía de mulleres galegas ou relacionadas con Galicia. 
Achega datos históricos para explicar, ademais da vida do personaxe, a época en que viviu.

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=203

En forma de lenda:

http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/maria_castana.html

Informe "Adolescentes e Internet en Galicia" do Valedor do Pobo

O Valedor do Pobo de Galicia deu a coñecer recentemente os resultados do traballo de investigación e análise sobre as actitudes, crenzas, habilidades e uso de internet por parte da mocidade galega. O informe, que se pode descargar da rede, achega todos os datos estatísticos e unhas valiosas conclusións que deberían ser coñecidas e reflexionadas por toda a comunidade educativa.

I Magosto Solidario en Ares (5 de novembro)

O sábado, 5 de novembro, na Praza da Constitución de Ares, terá lugar o I MAGOSTO SOLIDARIO. A intención é recadar fondos cunha finalidade solidaria. A organización, coa colaboración do Concello de Ares, pide a participación de todos aquelas persoas que queiran botar unha man.

Podes atopar máis información na páxina de facebook: 
https://www.facebook.com/event.php?eid=187195438023982

Welcome, Gwendolyn

A sección bilingüe de 2º ESO, na clase de Educación Física,
dálle unha agarimosa benvida á lectora de inglés, Gwendolyn.

Galois está de moda.

Se a figura de Evariste Galois espertou a túa curiosidade, podes ler esta recente publicación: http://www.publico.es/ciencias/404230/el-matematico-revolucionario-resucita

Cancións para 4º de ESO

<iframe width="560" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/AQiEkv4leAw" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Seguro que vos vai resultar moi curioso ...

Sucedeu de verdade, coñece a un xenio: Evariste Galois

A vida e obra de Galois non deixa indiferente a ninguén.  Mozart, Shakespeare, Steve Jobs .... GALOIS, xenios que debemos coñecer

"A poesía vén dun lugar que ninguén controla"

Discurso de Leonard Cohen na entrega dos Premios Príncipe de Asturias (2011)

Semana da Froita (2011-2012)

Dous xeitos de contar a mesma historia da lingua galega

A primeira forma é a Liña do tempo da páxina LOIA, aloxada no portal do Consello da Cultura Galega. Trátase da versión "oficial", por así dicilo, e que che servirá para realizar a tarefa proposta no libro de texto de 2º ESO (Páxina 14; exercicio 1)

                                                                          Preme sobre a imaxe

A segunda versión da mesma historia con máis humor é a do debuxante PEPE CARREIRO en Historia da Lingua Galega (Do latín ao acento de Burgos)

                                   Tamén existen exemplares do libriño no departamento

Series documentais en rtve.es

No seguinte enlace iranse recuperando as grandres series documentais que formaron parte de "La aventura del saber"

 http://www.rtve.es/television/la-aventura-del-saber/documentales/

 

Todas, todos: non deixedes de ver este vídeo

1º BAC B: CALENDARIO DE EXAMES DE MATEMÁTICAS PARA O CURSO 2011-2012

CURSO 2011-2012

GRUPO:                      1º BAC B

MATERIA:                  MATEMÁTICAS

PROFESORA:             COVADONGA RODRÍGUEZ-MOLDES

CALENDARIO DE PROBAS: 

 

 

“peso”

temas

 

1ª avaliación

1º proba

40%

Tema 3

 18 outubro

º proba

60%

Todo o tratado dende principio de curso

13 decembro

2ª avaliación

  proba

40%

Por determinar

14 de febreiro

2ª proba

60%

Todo o tratado dende principio de curso

13 de marzo

3º avaliación

1º proba

40%

Por determinar

8 de maio

2º proba

Por determinar

12 de xuño

3º proba

60%

Todo o tratado dende principio de curso

19 de xuño

 

Puntualizacións:

  • As datas poden sufrir variacións.
  • Este calendario non exclúe a realización doutras probas puntuais.
  • O “peso”  refírese ao valor que as probas escritas teñen  na avaliación. Según a programación do departamento o 5% da puntuación da avaliación será para valorar os traballos, saidas a pizarra, fichas de exercicios...  o 5% para valorar a actitude do alumno/a na aula -asistencia e puntualidade, esforzo por progresar- e o 90% procederá das probas realizadas.
  • Os temas refírense a leccións do libro de texto

1º BAC B: CALENDARIO DE EXAMES DE MATEMÁTICAS PARA O CURSO 2011-2012

 CURSO 2011-2012

GRUPO:                      1º BAC B

MATERIA:                  MATEMÁTICAS

PROFESORA:             COVADONGA RODRÍGUEZ-MOLDES

CALENDARIO DE PROBAS:    

 

“peso”

temas

 

1ª avaliación

1º proba

40%

Tema 3

18 outubro

2º proba

60%

Todo o tratado dende principio

 de curso

13 decembro

2ª avaliación

  proba

40%

Por determinar

14 de febreiro

2ª proba

60%

Todo o tratado dende principio

 de curso

13 de marzo

3º avaliación

1º proba

40%

Por determinar

8 de maio

2º proba

Por determinar

12 de xuño

3º proba

60%

Todo o tratado dende principio

de curso

19 de xuño

 Puntualizacións:

  • As datas poden sufrir variacións.
  • Este calendario non exclúe a realización doutras probas puntuais.
  • O “peso”  refírese ao valor que as probas escritas teñen  na avaliación. Según a programación do departamento o 5% da puntuación da avaliación será para valorar os traballos, saidas a pizarra, fichas de exercicios...  o 5% para valorar a actitude do alumno/a na aula -asistencia e puntualidade, esforzo por progresar- e o 80% procederá das probas realizadas.
  • Os temas refírense a leccións do libro de texto.

Unha explicación da crise "ao burro"

Aínda que é un pouco simplista e faltan moitos aspectos por analizar, esta presentación do profesor Sergi Sanchiz Torres pon o punto sobre algunhas da íes explicativas das orixes da crise actual.

Especuladores, reflexionade!

Morreu Steve Jobs

Este día tráenos una nova triste: morreu Steve Jobs.

Se non coñecedes este discurso na Universidade de Stanford no ano 2005, creo que paga a pena escoitalo, xa qué unha verdadeira lección sobre como enfrontar os reveses que nos pon a vida.

Presentación do departamento de Economía

Recomendo este vídeo:

Solución do problema das eleccións xustas

A semana pasada El Pais propoñia un desafío matemático (http://www.elpais.com/videos/sociedad/paradoja/electoral/elpepusoc/20110929elpepusoc_1/Ves/ ) no que, despois de  cuestionar a xustiza de elixir ao candidato máis votado nunhas eleccións e de propoñer un sistema (Método Borda) de elección por orde de mérito, preguntaba pola porcentaxe de votos necesarios a obter para que o candidato máis votado fora tamén o de mellor orde de mérito.  Neste enlace podedes ver a solución que,  seguramente  vai sorprender:  http://www.elpais.com/videos/sociedad/dura/eleccion/elpepusoc/20111004elpepusoc_2/Ves/

Benvid@s ao espazo de Economía

Quero presentar este novo espazo do departamento de Economía do IES Mugardos cun vídeo moi coñecido e utilizado en diferentes contextos, co que me sinto especialmente identificada.

 

Nas eleccións: é xusto elixir ao candidato máis votado?. Novo problema semanal.

Un novo desafío matemático de El Pais que pode sernos de utilidade para reflexionar sobre a xustiza electoral: É xusto elixir ao candidato máis votado?  Se non ten maioría absoluta ese candidato é rexeitado pola maioría dos votantes, logo,.... Neste enlace hai unha proposta para elixir con maior equidade ao candidato e un interesante problema: http://www.elpais.com/videos/sociedad/paradoja/electoral/elpepusoc/20110929elpepusoc_1/Ves/

Canta en lingua busuu cos seus últimos oito falantes

Esta semana lemos o texto que conta a triste historia de Boa Sr, a derradeira falante da súa lingua. Igual ca ela, neste momento da historia da humanidade outros centos de culturas e linguas están a piques de extinguirse para sempre. Pero moitos destes pobos están a empregar as novas tecnoloxías para facerse oír e deixar constancia da súa existencia. Algúns, malia as cirsunstancias polas que atravesan, con moito sentido do humor. É o caso dos busuu, cuxos últimos oito falantes convidan a todo o mundo a unirse ao seu canto:

 

 

Teorema de Tales

 

Aquí está o Teorema de Tales que tendes que cantar o luns os de 2ºB.  ...A practicar!  -sobre todo a letra-.

Boa fin de semana

Adrián Paenza: problemas non resoltos e actitude dos ensinantes

Todavía non sei resolver o desafío, pero non me preocupo. O arxentino Adrián Paenza, matemático, escritor e divulgador de ciencia fala dos problemas sin resolver e doutras cousas moi interesantes, sobre todo para o profesorado. 

 

 

Distribuir contido

Distribuir

Distribuir contido