Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

Charla con antigas alumnas (III)

Na terceira sesión das charlas de orientación académica protagonizadas por antigas antigas alumnas estiveron onte no centro Beatriz Martínez, Noelia Barreiro e Noemí Pérez. Cunha coidada preparación informaron de primeira man das súas respectivas carreiras. Un coidadoso repaso do plan de estudo de Educación Infantil, no caso de Beatriz, e a importancia cada vez meirande da Terapia Ocupacional, no caso de Noelia e Noemí.

Ás tres agradecemos a súa gran colaboración na orientación académica e profesional do alumnado de 2.º de Bacharalato xa na recta final do seu paso polo instituto.


Coñece América

Resumo extenso (uns catro-cinco parágrafos). O día 6 de xuño será o exame para todos aqueles que suspendan o modelo por traballos. A materia anunciareina en breve.

http://elviajero.elpais.com/elviajero/2013/04/22/album/1366628077_380625...

Barcelona (III)

Nos minutos 3:00 a 5:30 fala dun "museo-atracción" que quizais interese. Está xunto ó Parque Güell e vale 7 euros.

http://www.rtve.es/television/20120727/miradas-25-agost/550801.shtml

Barcelona (II)

Por si queredes ir botando un vistazo, estas son imaxes dunha das zonas máis bonitas da cidade: o Paseo de Gracia. Vos diredes se queredes ir.

http://es.slideshare.net/CaColomerCa/barcelona-passeig-de-grcia

Barcelona (I)

Este é o primeiro dos tres videosda serie. Tedes que ver esta e a segunda parte (con outros tres videos) e facer un resumo con propostas. De non facelo, Serafin e máis eu decidiremos que ver. Vos veredes...En calquera caso, poñóos todos os anos en 2º de BAC e sempre lles gustou (e mo pedían).

 

http://www.youtube.com/watch?v=LSH61JEkNC

o

Entrega dos tapóns solidarios a AS.PA.NE.MI

A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. Un grupo de 2.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Tamén asistiu ao acto Sindo, da cafetería do centro, e contamos coa presenza de Lela, a avoa de Alba para quen irán destinados os fondos recadados e a quen enviamos unha aperta solidaria.

Imaxes na Galería

Premio Emprende Xove 2013

click here

1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de 
Ferrolterra 
ao proxecto presentado por Javier Maceiras (3.º ESO). 
Parabéns a todos os participantes e a  Mara, profesora do 
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.
Galería de imaxes
Diario de Ferrol

China: o lugar onde se fan cousas.

http://elpais.com/elpais/2013/04/11/eps/1365680995_900190.html Resumir, analizar e opinar (Paula debe un traballo -ou dous-)

Visita a Lugo (3.º e 4.º ESO)

Dentro do Proxecta Terra, o alumnado de 3.º e 4.º participaron nunha completa visita guiada pola cidade amurallada. Malia a xornada de choiva, tiveron oportundade de coñecer o Museo Arqueolóxico, a Casa dos Mosaicos, o barrio da Tinería e o paseo fluvial.

Horror en Guatemala: ¿haberá xustiza? (para pendentes de 3º)

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/04/05/actualidad/1365...

Xa sabedes: resumir, analizar (pensar un pouco) e dar opinión persoal.

Ratos no laboratorio

Dentro do proxecto A historia nunca contada de Mendel, promocionado pola Fundación Barrié, xa están no laboratorio as dúas parellas de ratos. Presentámolos polo seu nome. Son RÓMULO e ROMI; e MIQUI E MINI.

 
Galería de imaxes

O obxectivo da activididade é facilitar a aprendizaxe dos principios básicos necesarios para comprender a xenética, aproximar a investigación á aula e motivar ao alumnado cara ás disciplinas científicas. Máis información en Ratos no laboratorio.

  

Estudo de idiomas

A charla do programa "A Ponte entre a Universidade e o Ensino Medio" da USC deixouno esta semana unha valiosa información sobre o estudo de idiomas. Recollemos aquí a presentación empregada para transmitir a necesidade e valor de acrediatar o coñecemento de linguas no panorama universitario europeo.

Preme sobre a imaxe

Deporte na Escola (1º e 2º ESO)

creatorEncontro deportico co IES Saturnino Montojo (marzo, 2013)

Fotos na Galería

Proxectos emprendedores

O suplemento El Comarcal (marzo, 2013) de La Voz de Galicia recolle os tres proxectos presentados ao concurso da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Ler o artigo.

Charla con antigos alumnos (II)

Galería

Seguindo coas sesións informativas protagonizadas por antigos alumnos, esta mañá "regresaron" ao instituto Fernando Nicolás Puentes e José Ramón Fuentes. Nas súas intervencións transmitiron de primeira man ao alumnado de bacharelato as súas vivencias e información académica das súas respectivas titulacións, enxeñaría e traballo social. 
Agradecemos a súa estupenda disposición a compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral. 

Soldados españoles torturando

Este é o traballo desta semana para os pendentes de Sociais de 3º ESO. Bernabé e Carla deben un traballo. De non entregalo xunto con éste, estarán suspensos.

http://politica.elpais.com/politica/2013/03/15/actualidad/1363371190_083...

Concursos do Concello de Mugardos

 

XI CONCURSO DE RELATO CURTO EN GALEGO
application/pdf iconBases XI Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos.pdf

XVI CONCURSO DE CARTEISLEMAXXIII FESTA DO POLBO
application/pdf iconBases Concurso de carteis Festa do Polbo.pdf

 

Campus científicos de verán, 2013

Trátase dunha oferta de 1.808 prazas para estudandes de 4º ESO E 1º BAC que poderán participar en proxectos científicos nun dos 16 Campus de Excelencia, entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013. Ata finais deste mes está aberto o prazo de inscrición. Consulta os requisitos académicos e probas en http://www.campuscientificos.es/

Charla do reitor da USC

 

O reitor da Universidade de Santiago, Juan José Casares Long, impartiu unha charla ao alumnado de bacharaleto de 4.º ESO. A actividade encádrase dentro do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC". O reitor fixo un percorrido pola oferta e servizos universitarios e recalcou especialmente o valía do persoal docente e investigador. A visita completouse cunha conversa informal co alcalde co alcalde de Mugardos.

 

Visita de Yelda, Paola e Juan

Esta mañá recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan para falar da súa experiencia ao carón do vertedoiro de lixo máis grande de América Central. Trátase dunha actividade desenvolta pola ONG Solidariedade Internacional na que participou este curso o alumnado de 3.º e 4.º ESO. 

Máis información

 

 

 

 

El mejor restaurante del mundo y corruptos a la cárcel

Estes son os artigos (son 2 porque son curtos) para os pendentes de 3º para esta semana: hai que resumilo extensamente e incluir unha opinión persoal razoada. Para o venres 15 ou antes.

http://cultura.elpais.com/cultura/2013/03/08/actualidad/1362775959_17522...

http://politica.elpais.com/politica/2013/03/08/actualidad/1362772793_575...

O cerebro, 15 W de potencia

O alumnado de 3.º e  4.º ESO asistiu onte ao espectáculo de ciencia "O cerebro. 15 W de potencia”.

Foto e nova no Diario de Ferrol

Fotos na Galería

XV Campionato de Polinomios

Parlamento Xove, 2013

Dous equipos de bacharelato representaron ao instituto no Parlamento Xove deste ano. Os primeiros debates tiveron lugar este sábado na Deputación da Coruña.  Desde a preparación ata as vivencias dos debates, entre argumentacións e refutacións, resultou unha experiencia moi positiva. A actuación dos nosos representantes foi moi digna e cumpriu todos os obxectivos pedagóxicos que tiñamos sinalados. Parabéns a todos!!!

Equipo de 1.º BAC. no momento do sorteo previo ao debate.

Equipo de 2º. BAC. agardando o resultado do xurado.

El mal ejemplo de los infractores VIP

Este é o artigo para os pendentes de 3º para esta semana: hai que resumilo extensamente e incluir unha opinión persoal razoada. Para o venres 8 ou antes.

http://politica.elpais.com/politica/2013/03/02/actualidad/1362251960_322...

Visita ao Campus de Esteiro e CIFP Ferrolterra

Ensaladilla rusa? Non, ensalada Olivier

Hoxe visitamos Rusia de novo grazas a Natalia. Nesta ocasión vimos metros que lembran museos e están 100 metros baixo a superficie, furgonetas piratas de transporte, o costume de darlle flores ós profesores o 1º día de curso, o hábito lector, que o 1º día de clase o alumno maior leva á máis nova a tocar o timbre, aprendimos que é un patronímico, que os títulos se poden mercar (casi na rúa), que construiron piscinas en iglesias na época soviética, que as iglesias máis importantes teñen máis cúpulas, que os rusos usan moito o iogur que nós chamamos grego, que ós tíos e ós profesores se lles trata de vostede (e a casi todo o mundo), que teñen dous anos novos e que a ensaladilla rusa se coñece como...ensalada Olivier (sin aceitunas nin atún) http://en.wikipedia.org/wiki/Olivier_salad

Distribuir contido

Distribuir

Distribuir contido