2017-2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro foi o día das bibliotecas. No noso CRA comezamos a facer entre familias e nenos unha recopilación de xogos do pasado, xunto coas cantarolas que os acompañaban traballando así un anaquiño da nosa cultura e patrimonio. Pero ademais disto, as nosas bibliotecas de aula foron as protagonistas absolutas do día.

Nalgunhas aulas, os nen@s máis maiores contáronlle os contos aos máis pequenos, disfrutando dun momento de lectura compartida ben pracenteiro.

Noutras, algunha mascota de aula, invitounos a facer o noso "bibliopatio" e creamos unha improvisada biblioteca ao aire libro. Contos e historias con un pouco de aire puro! Que marabilla!

Tamén en varias aulas decidimos elaborar uns marcapáxinas ben bonitos aproveitando que estamos en tempos de Samaín! Que hai mellor que un aterrador marcador para marcar onde deixamos a lectura!

E incluso chegamos a contar contos coa mesa de luz e tamén con pedras e outros materiais! O mundo enteiro e o que nos rodea pode ser un auténtico remanso de fantasía!

Foi un día grandioso, pero o mellor e o máis importante de todo e que disfrutamos da lectura, da biblioteca, da compañía e a amizade.

Aquí vos quedan unhas fotiños ben chulas para que vexades como gozamos da lectura. Disfrutádeas! Sorriso

TARDES CON DANIEL

Este martes 7 de novembro a nosa biblioteca abre as súas portas de novo en horario de 16:-18:00 horas. Daniel invítanos a pasar unha tarde divertida lendo contos marabillosos. Ao redor das 17:00 h a profe María de Capela vainos contar o conto Os tres osos. Anímadevos a participar.

(No tríptico informativo da biblioteca para este primeiro trimestre anunciábasenos este contacontos para o día 14 de novembro, por problemas organizativos do centro tivemos que facer un cambio entre os días 7 e 14).

Chega o tempo das cabazas e dos doces, chega o Samain

O SAMAÍN NA ESCOLA DE pAZO

     Viñeron as cabazas

      á Escola de Pazo

     e con elas chegaron doces

     e larpeiradas

O SAMAÍN CHEGOU A CAPELA!!

A escola de Capela pùxose de gala para celebrar o Samaín, unha das datas máis máxicas do ano, nas que todo pode pasar xa que as portas do Alén se abren...

 

...para dar vida à imaxinaciòn e à creatividade decorando as cabazas màis terrorìficas semellante a como facìan os nosos ancestros celtas.

E descubrir a orixe desta celebraciòn a travès da teatralizaciòn do conto: "O noso Samaìn"

 

 

 

 

 

 

 

TARDES CON DANIEL

Este martes 31 de outubro, a Biblioteca de amigos e amigas de Daniel abre as súas portas para todos vos, dende as 16:00 ata as 18:00 h.As cinco a profe Tamara cóntanos "Corre corre cabaciña" Agardámosvos para pasar unha aterradora tarde de Samaín todos xuntos!

SAMAÍN 2017

O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos o Samaín nas nosas escolas.

Tallaremos cabazas arrepiantes, daremos moitos sustos e nos deleitaremos con historias de medo.

E lembrade nesta noite máxica non abrades as portas a ninguén, que as almas en pena non vos leven familias!!

Programación Xeral Anual curso 2017-18

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

O Consello Escolar na reunión de 25 de Outubro 

dou aprobación inicial a Programación Xeral Anual do C.R.A..

A P.X.A. está integrada por todos os documentos

que organizan a actividade do centro para o presente curso:

obxectivos, recursos, horarios, relacións coa contorna,

programcións de departamento etc.

Podedes consultar esta documentación no seguinte enlace

e se o desexades facer achegas ao correo

cra.rianxo@edu.xunta.es

PXA 17-18-AULA VIRTUAL

 

As nenas e os nenos de Capela visitan o Horreo de Araño

As nenas e os nenos coas profesoras da escola de Capela visitan o Horreo de Araño. Acompañaronos algunhas mamas e papás 

Fixeron unha cadea moi grande para medilo. Dariano conseguido?

Din que o horreo de Araño é un dos mais grande de Galiza, e tamén do mundo.

BOSQUE

O BOSQUE DA VIDA.  O BOSQUE DÁ VIDA.

Aula de 4 e 5 anos

REFUXIADA SAHARAUÍ

O SAHARA ENTROU DE NOVO NA ESCOLA.
NESTE NOVO CURSO FÍXOO DA MAN DE MUNINA, MOZA REFUXIADA SAHARAUÍ QUE DURANTE UN TEMPO HA DE SER A NOSA VECIÑA.

CON MUNINA PUIDEMOS ADEMAIS POÑERLLE ROSTRO A UNHA PERSOA REFUXIDA, DAS QUE TANTO SE VEN FALANDO,
E APRENDER E  GOZAR CON ELA 

Aula de 3 e 4 anos

Distribuir contido