O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

FESTA FIN DE CURSO

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow personalized with Smilebox

Visita a 1º de primaria

@s nen@s de 5 anos fomos de visita a primaria para coñecer algunhas dúbidas que tiñamos sobre esta etapa. Os nenos e nenas maiores contáronnos cousas sobre os seus libros e deixáronnos velos, descubrimos cales son os xogos que teñen alí, como é o seu horario, etc.

Pasamos unha xornada de convivencia e divertímonos moito xogando o pasapalabra en dous equipos. Merendamos todos xuntos e a profe Ana cuñounos un diploma porque xa estamos preparados para ir para primeiro. 

   

       

 

 

 

 

Grupo de Teatro de 4º

Actuacións no Certame Intercentros (Pazo da Cultura, Narón, 29 de abril) e no Teatro Jofre (14 de maio), coa obra ANTÓN NO PAÍS DAS MERENDAS.

Segue a ligazón:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/?q=node/580

 

Un Mar de Muiñeiras. Video Oficial

Xa temos o video oficial do Mar de Muiñeiras, esperamos que vos guste:

 

 

O noso comezo en Primaria

Aquí vos deixamos un enlace á aula virtual do cole no que podedes visualizar e/ou descargar o vídeo que resume un pouco as nosas andanzas neste primeiro trimestre. 

 

Tivemos moitas actividades e experiencias que nos gustaría compartir con tod@s vós! 

 

Unha aperta grande dende 1º de Primaria 

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/pluginfile.php/13...

Fin de Curso na Escola do Val 21/06/18

Remotou o curso e o alumnado de 4º de Primaria deixa a escola para comezar unha nova aventura.

Aqui podedes volver a ver as actuacións de todos os cursos e a despedida:

Acrosport (4º de Primaria):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 As Vacacións (Ed. Infantil):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 Detrás do Arco da Vella (2º de Primaria):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 Peza de Frauta (3º de Primaria):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 A Horta de Balbina (1º de Primaria):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 A Man da Filla (3º de Primaria):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 Menuda Carapuchiña (4º de Primaria):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 Graduación (4º de Primaria):

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

Pasade o bo verán e vénomos a volta...e as/os marchais tendes a porta aberta cando queirades volver.

Susana Seivane Visitou a Nosa Escola!!!!

O 25 de maio tivemos o grandísimo pracer de coñecer e compartir unha bonita experiencia con Susana Seivane grazas ao programa edumotiva, da man da consellería de educación.

Apuntámonos para ser un dos coles seleccionados que tivera a enormísima sorte de ter a visita de Susana Seivane, xa que nos interesa moito o folclore galego e parécenos un bo exemplo de muller, galega, gaiteira e gran profesional. Cal foi a nosa sorpresa cando nos comunican que participaremos de EDUMOTIVA! Estabamos tod@s moi ilusionados coa noticia, preparamos con moito cariño as actividades e diferentes sorpresiñas que lle iamos dar a Susana. E por fin, chegou o día...

Que nervios! Esperabamos tod@s sentad@s no ximnasio a que viñera Susana Seivane e, cando apareceu co seu sorriso, quedamos sen palabras. Veu cargada de experiencias, anécdotas, aprendizaxes, cancións e sobre todo, moita alegría que nos contaxiou a tod@s.

Aprendimos todas as partes da gaita, a diferencias os sons que facía cada unha, os tipos de materiais e como non os diferentes ritmos galegos que se podían facer sonar con ela. Tamén descubrimos que as gaitas son un instrumento artesanal que, de feito, elaboran no taller Seivane ( é dicir, da familia da nosa protagonista) e quedamos convidados a visitalo ... quizais vaiamos este curso!

Coñecimos cómo foi a infancia de Susana, que instrumentos toca e cáles tocan os seus compañeiros e compañeiras de banda. Descubrimos por qué é tan famosa e xa nos informamos dos seus próximos concertos para poder vela de novo. Foi xenial compartir as súas vivencias e experiencias.

O que máis nos gustou foi que puidemos tocar unhas pandeiretas que trouxo e como non bailar e cantar coas cancións que nos ofreceu. Quedamos tod@s contentísimos e con moitas ganas de continuar ... que non rematase nunca!

Para finalizar, entregámoslle os nosos agasallos e ela firmounos tamén uns autógrafos! Foi unha actividade que recordaremos sempre con moito cariño!

Grazas por todo Susana, grazas ao programa EDUMOTIVA. Aquí vos deixamos algunhas fotos para recordar estes bonitos momentos:

E aqui podedes ver o video do día:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

 e aqui podedes descargalo para o recordo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

 

 

 

Dia Do Libro

O pasado 23 de Abril, para conmemorara o Día do Libro, na Escola do Val os/as nenos/as cantaron unha canción signada sobre as árbores, e como remate catro nenas de 4º de Primaria fixeron un contacontos para toda a escola, aqui podedes velas:

Contacontos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

Cantiga:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

Esperamos que vos gusten.

 Opción de Descarga:

Contacontos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

Cantiga:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view...

 

PLANTACIÓN ÁRBORES

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow created with Smilebox

Convertémonos en xardineir@s

@s nen@s da escola do Val tivemos a oportunidade de colaborar co concello de Narón e coa AA.VV. do Val plantando unha chea de árbores autóctonas ao carón do centro médico. Que ben o pasamos e incluso saímos no xornal: 

 

 

https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/escolares-cra-naron-plantan-veintena-arboles-val/20180405231725221860.html

 

Distribuir contido